mércores, xullo 01, 2009

Despois da exitosa marcha a Compostela a Folga do Metal continua na súa 21 xornada de paro por un convenio xusto

  • Novas marchas en Vigo na xornada número 21 de folga mentres a negociación continúa bloqueada pola intransixencia patronal
  • Á tarde haberá asembleas nas centrais sindicais para decidir a estratexia a seguir

Xa van 21 días de folga no metal de Pontevedra, e nesta xornada despois da histórica e multitudinaria marcha a Compostela aínda quedaron forzas para retomar o traballo dos piquetes en moitas zonas e para volver facer marchas desde as distintas zonas industriais até encontrarse de novo nunha asemblea na Praza do Concello, en Vigo.

Máis tarde tivo lugar unha nova manifestación até á Praza da Estrela, fronte á Delegación da Xunta nesta cidade. Nesta tarde toca reflexionar nas distintas asembleas sobre que novos camiños se quere andar para gañar este conflito e acadar un convenio xusto.

[+info en Avante]
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon