Marcha Obreira a Compostela por un Convenio Xusto - 29 e 30 de Xuño de 2009Apresentamos a curta documental que recolle a marchá histórica a Compostela dos operarios/as do sector do Metal da provincia de Pontevedra en folga.
Apresentamos a curta documental que recolle a marchá histórica a Compostela dos operarios/as do sector do Metal da provincia de Pontevedra en folga.
A mobilización saía o luns 30 de Xuño desde Pontevedra pouco despois das nove e media da mañá e remataba ás dúas da tarde do 30 de Xuño en Compostela fronte a Xunta de Galicia en San Caetano, na vixésima xornada de folga para este sector. Esgotados polo esforzo maratoniano destes dous días, mais “imbatíbeis”, e traspasando fronteiras, para que ninguén poda tentar invisibilizar esta loita exemplar, os do Metal ateigaron Compostela de dignidade e de forza, de traballadores e traballadoras que non se renden.
Enlaces de interese:
- Visualiza nun sitio alternativo
- Descarga aquí alta calidade para grabar (click dereito e gardar como)
- Descarga Alternativa
- Visualiza en baixa calidade se tes problemas
- Nova relacionada
_______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon