Boletín de Enlace Internacional - Xullo 2009 - Volumen 12 - nº2
22-07-2009
Nos últimos anos estivemos de acordo que o noso movimento debería ter como obxectivo actuar como unha rede de resposta rápida, mostrando e pondo en acción a nosa solidariedade con mulleres e homes de todos o mundo que estean en situacións de emerxencia, compartindo informacións entre as nosas Coordenadoras Nacionais, Grupos Participantes e aliad@s, e mobilizando para protestas e outras accións [peticións, vixilias diante de embaixadas nos nosos países, boicot de compañías transnacionais, ...] que buscan pór presión en gobernos ou compañías que estexan ameazando os dereitos d@s que se organizan e viven con dignidade.
No último mes, desafortunadamente, tivemos que pór as nosas aspiracións para por a devandita rede en práctica diversas veces: para esixir a liberación de activistas de Turquía, a maioría dos cales son sindicalistas, detid@s ilegalmente en fins de Maio [22 seguen no cárcere, incluíndo 4 compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres]; para protestar contra a violencia extrema e a represión perpetrada polo goberno de Alan García en Perú contra pobos indíxenas da Amazonía Peruana; e para apoiar a loita do pobo de Haití por un salario mínimo xusto e a loita contra a violencia perpetrada polas forzas de "paz" da ONU no seu país.
Ademais destes períodos nos cales necesitamos expresar a nosa solidariedade dun xeito áxil e pertinente, tamén necesitamos recoñecer a necesidade de loitar xunto con outros movementos contra a criminalización e a represión violenta aos movementos sociais. No trascurso das nosas accións de 2010, como tamén na afirmación das nosas demandas e compromisos asumidos en nivel internacional e nacional, tamén podemos expresar a nosa solidariedade denunciando casos concretos de violacións dos dereitos de mulleres e pobos, e esixindo que os gobernos e parlamentos nos nosos países e rexións sexan responsabilizados.
Tamén estamos acompañando de cerca a situación en Irán e Honduras, cos relatos de militantes e amigas da Marcha Mundial das Mulleres. Por motivos e procesos políticos distintos, as nosas compañeiras viven momentos críticos nos cales son claves a nosa solidariedade e capacidade de diseminar información e análise dos e as que están en loita por xustiza e liberdade.
Estaremos en marcha até que todas sexamos libres!
Non deixar de ler e difundir o interesante Boletín de Enlace Internacional !
Enlaces de interese:
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon