venres, xullo 03, 2009

O goberno local prevé que o Concello recupere a xestión directa da piscina municipal de Caranza

  • O edil Manuel Santiago asegura que a medida pretende facilitar o seu uso a máis clubes e aos propios veciños
  • Afirma que o goberno local nunca xamais se planteou a privatización, que achaca a declaracións malintencionadas
O concelleiro de Deportes, Manuel Santiago, desmentiu taxantemente esta mañá as declaracións efectuadas polos responsables do Club Natación Ferrol nas que aseguraban que o Concello tiña previsto privatizar a piscina municipal de Caranza. Non só iso, o edil tachou as “afirmacións” de malintencionadas e asegurou que se afastan da realidade, xa que a intención da Administración local é precisamente a contraria: recuperar a xestión municipal directa a través de persoal municipal. En todo caso, o que si vai facer o goberno local, engadiu Santiago, é regularizar unha situación que impedía a moitos clubes do municipio (como Sincro Ferrol ou Triatlón Ferrol) e mesmo aos veciños deste barrio ferrolán acceder ás instalacións por mor da concesión realizada a esta entidade deportiva no pasado.

Neste contexto, Manuel Santiago explicaba que o Club Natación Ferrol accedía hai dez anos a unha concesión encuberta sen concurrencia nen publicidade, o que lles permitía facer uso das instalacións en exclusiva nunha franxa horaria da mañá e tamén pola tarde. A piques de rematar esta (setembro de 2009), o Concello, a través do concelleiro de área, intentaba poñerse infructuosamente en contacto cos responsables da entidade deportiva para comunicarlles a nova situación. Situación que, en todo caso, pasa por recuperar a xestión directa das instalacións e sacar a licitación o mantemento das mesmas. Nunca a xestión. E, ao fío, o edil lembraba que en todo o termo municipal non hai ningunha instalación que esté privatizada. O que si existe son concesións de servizos cos prezos públicos tasados polo Patronato de Deportes e aprobados en pleno.

Nesta liña, Santiago explicaba que con este modelo de xestión, o Concello pretende garantir o acceso ao vaso doutros clubes da cidade. Tamén dos veciños e veciñas de Caranza. Nembargantes, aseguraba que ao Club Natación Ferrol se lle concederá a lámina de auga proporcional ao número de deportistas con licenza federativa, tal e como sucederá co resto de entidades deportivas que soliciten estas instalacións municipais.

Así mesmo, Manuel Santiago tamén quixo garantir o uso e desfrute de todos os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Natación, como non podería ser doutro xeito.

Ferrol, 30 de xuño de 2009
Saúdos; Gabinete de Comunicación

Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar.
15402 Ferrol

Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691

participacion@ferrol.es


Enviado por:
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com
_____________

2 comentarios

Xa me parecía a min raro que non privatizaran, algo. A xestión non pero o mantemento si!. Que problema ten un Concello de levar o mantemento das piscinas municipais, ou incluso de mancomunalo mesmo na Área de Ferrol? Non máis privatizacións, nin parciais!

:)
Que problema ten un Concello de levar o mantemento das piscinas municipais, ou incluso de mancomunalo mesmo na Área de Ferrol?
NS0-153 exam


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon