Remitido pola nosa compañeira M.C. desde Honduras
15.08.09
Solicitamos o seu apoio e solidariedade co pobo Hondureño, subscribindo coa súa firma á carta que achegamos no enlace, estará esixindo o restablecemento da orde constitucional en Honduras. Esta carta será remitida ao Presidente do Congreso Nacional, á Secretaria de Estado de Seguridade Pública, á Fiscalía dos Dereitos Humanos de Honduras e ao Ministerio de Asuntos Exteriores do Estado Español.
O pasado 28 de xuño produciuse un golpe de estado contra o pobo de Honduras e as súas institucións democráticas. A destitución mediante o uso da forza do presidente elixido democraticamente no 2005, Manuel Zelaya, así como a militarización á que está sometida desde ese día a sociedade civil hondureña, son feitos inaceptables.
Durante estes 45 días de golpe de estado, o goberno de facto alterou drasticamente a orde constitucional do país, estase dando en Honduras unha grave situación de violación sistemática de dereitos humanos e de restricións ás liberdades democráticas. Son evidentes as dificultades e obstáculos para o acceso á xustiza, limítase drasticamente a liberdade de prensa e hase recrudecido o uso da violencia contra as persoas que se manifestan diariamente en contra do golpe de estado.
Firmar petición:
http://www.petitiononline.com/vsfvsf/petition.html
Moitas grazas pola súa solidariedade co pobo hondureño.
Plataforma Rural
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
16 de agosto de 2009 11:27
__________________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
luns, agosto 17, 2009
Firmas pola restitución democrática en Honduras
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, agosto 17, 2009
Artigos relacionados
- Organizado pola A. C. Fuco Buxán, en colaboración da Concellaría de Cultura, este Mart
- Este Venres 5 de Novembro de 2010, ás 8 da Tarde, na galería Sargadelos de Ferrol, está o
- Exposición "Quessada e o seu tempo" en Ferrol - Visitas guíadas de balde os venres 13 e
- A Asociación Cultural Fuco Buxán presenta o libro[*] "La dura luz de la memoria. PALAB
- Zelaya afirmou que "Honduras está paralizada e baixo réxime represor""Non estamos facend
- O día de hoxe, 1 de xullo, acatando un chamado da Fronte de Resistencia Popular de Hondur
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon