mércores, setembro 16, 2009

O 19 de Setembro, na cidade de Lugo, celebrarase a Terceira Masa Crítica Galega

Masa Crítica Galega

O vindeiro sábado 19 de septembro celebrarase a 3ª MASA CRÍTICA GALEGA na cidade de Lugo. Agárdase a presenza de centos de afeccioados á bicicleta chegados de toda Galicia, para participar activamente no seguinte programa de actividades:
  • 11:30h - Praza Maior: Comezo de actividades.

  • 12:30h - Gasolineira do Miño: Talleres (bicistorias, reparación, tuneado, acrobacias).

  • 14:00h - Parque do Miño: Xantar Colectivo (Ben na Gasolineira se chove, ben no parque do Miño se fai bon). Correrá por conta de cada quen.

  • 17:00h - Praza Maior: Arranque da Masa Crítica Galega dende a Praza Maior. Compre saber que o roteiro que se faga debe ser una alegre BICIFESTA. Para eso a organización invita a todos os ciclousuarios vir preparados para cantarruxear, tocar o instrumento que se sepa, a vir disfrazados ou polo menos cheos e cores, etc... calquer cousa que conleve divertimento.

  • 20:00h - Festa rachada no Madialeva.
Para que non coñeza este movemento podemos comentar que a Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo por unha cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes".

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facersnos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira "quedada" xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas intersecións nas grandes cidades chinesas, definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na origa de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.

O movemento da Masa Crítica en Galicia naceu en outubro de 2004 coa celebración da primeira masa crítica de Santiago de Compostela, un ano máis tarde comezaría a celebrarse tamén en Ferrol, A Coruña, Vigo e recentemente en Ourense e Ponteareas.
Entre os obxectivos das masas críticas galegas pódese destacar:
  • Divulgar e promover o uso da bicicleta como medio de transporte eficaz (barato, san, non contaminante e rápido).

  • Crear condicións favorables necesarias para o uso da bici como medio de transporte.

  • Promocionar e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado, asi como promover a súa compatibilidade e complemetariedade coa bicicleta (ex. transporte público).
Celébrase unha Masa Crítica Galega de carácter anual que reúne a todas as ciclousuarias galegas, e que pon en contacto persoalmente aos membros das distintas masas críticas galegas.
FESTA SI, BICI TAMÉN!!

Máis información en:
____________________
Masa Crítica Ferrolá:

A quedada en Ferrol é todos os últimos Xoves de mes, ás 8 da Tarde, no Palco da Praza do Inferniño,  baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes".
________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon