mércores, setembro 02, 2009

Unha opinón de EU sobre a falla de mantemento e de adapatación a normativa europea dos parques e dos espazos públicos en Caranza e sobre a suspensión do "Constantino Bellón"

Tags

  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA URXE AO GOBERNO MUNICIPAL  A ARRANXAR OS PARQUES E ESPAZOS PÚBLICOS  DE CARANZA
  • AS E OS CONCELLEIROS DE EU XIRARON UNHA PERCORRIDO POLO BARRIO ONDE DETECTARON A EVIDENTE FALLA DE COIDADO NO MANTEMENTO E O ABANDONO  NOS ESPAZOS PÚBLICOS DO BARRIO
  • ESQUERDA UNIDA  RECLAMA UNHA ACCIÓN PLANIFICADA  DO GOBERNO PARA GARANTIR A ADAPTACIÓN A NORMATIVA EUROPEA E O MANTEMENTO DOS PARQUES INFANTÍS E ESPAZOS PÚBLICOS DO BARRIO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida efectuou na mañá de hoxe unha visita polo barrio de Caranza, o máis populoso da cidade. A visita evidenciou a falla de mantemento e mesmo certo abandono no que fai  o caso dos  parques infantís e espazos públicos do barrio.

Esquerda Unida demanda do Goberno Municipal unha acción rápida e sostida no tempo no que fai o mantemento dos parques e espazos públicos do barrio.

O parque infantil na rúa Pedro Carbajal ou espazos públicos como o situado na rúa Cádiz ou na  Praza Guillermo Feal deixan o descuberto unha falla certa de mantemento e de adaptación á normativa europea no que fai referencia os parques infantís.  

Benvida sexan as inauguracións de novos parques infantís (caso do situado ao carón do Centro Cívico), pero semella necesario tamén garantir a adaptación dos vellos parques  e o mantemento en xeral dos espazos públicos, que no caso dun barrio como Caranza –o maior da cidade– esixe un tratamento planificado e sostido polo Goberno Municipal.  A aposta por unha cidade para as persoas, para os peóns, para a vida social no espazos públicos  esixe do Goberno Municipal investir no mantemento e equipamento destes ámbitos.

  • O GRUPO MUNICIPAL LAMENTA A FALLA DA IMPLICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA NO INTERNACIONAL DE GAITA CONSTANTINO BELLÓ
  • YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DO GRUPO, RECLAMA DO CONCELLO QUE LIDERE UNHA INICIATIVA PARA GARANTIR O MANTEMENTO DO PREMIO
O grupo Municipal de Esquerda Unida lamenta a non celebración do Premio Internacional de Gaita, Constantino Bellón, de resultas da negativa da Xunta de Galicia –en mans do PP- a contribuír ao seu financiamento.

Para a nosa organización esta medida inxírese na serie de ataques á cultura galega que a ofensiva españolista do PP desencadeou contra a cultura galega hai tempo, rachando incluso os espazos de colaboración que en tempos de Fraga houbo no que atinxe ao pulo da nosa cultura.

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, subliñou a necesidade de que o concello de Ferrol, lidere unha iniciativa política que permita o mantemento do Premio Internacional de Gaita –dun recoñecido prestixio- , unha das plataformas culturais da nosa cultura que se espalla cada ano polo mundo adiante. Neste senso reclamou do alcalde e da concelleira de cultura unha acción pronta para salvagardar a vixencia deste premio de carácter internacional e vencellado a unha expresión musical de tanta raigame para nós.

A cultura galega, Ferrol e o Ateneo Ferrolán non merecen esta falla de consideración polo novo Goberno autonómico.  A nosa cultura e a nosa cidade merecen unha acción decidida do Goberno Municipal para recuperar o financiamento necesario para este Premio. Esquerda Unida compromete o seu traballo e apoio a iniciativa que vaia neste senso.


Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
1 de setembro de 2009 16:55


Prezad@s amig@s: vanvos úns Informacións sobre a falla de mantemento e de adapatación a normativa europea dos paruqes e dos espazos públicos en Caranza, máis unha nota sobre a suspensión sine die do Constantino Bellón. Grazas pola vosa atención. Saúdos, Ramiro Marier

_____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon