sábado, outubro 03, 2009

Deu comezo a Marcha Mundial Pola Paz e a Non-violencia


Este Venres 2 de Outubro de 2009, comezou en Nova Zelanda, a "Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia", no aniversário do nascimento de Gandhi e declarado polas Nacións Unidas como “Dia Internacional da Non-violencia”. terminará na serra dos Andes, en Punta de Vacas, aos pés do monte Aconcágua o 2 de Xaneiro de 2010. Durante estes 90 días, pasará por mais de 90 países e 100 cidades, nos cinco continentes. cobrirá unha distancia de 160.000 km por terra. Na nosa comarca ten o apoio da Concellería de Benestar Social, ..., o Clube de Montaña e de diversas entidades e organizacións, entre elas a do noso Colectivo Ártabra 21.


Xa en Marcha:

1 de Outubro de 2009





2 de Outubro de 2009


9.30 Inicio da Marcha ante a estatua de Gandhi en Wellington, en conmemoración do nacemento de Mahatma Ghandi.
10.30 A Marcha Mundial comeza camiñando no Wellington Peace
Heritage Walk
Na tarde (19-30/21.30) encontro publico para discutir as iniciativas de paz e non violencia coa xente en Tapu che Ranga Marae.


3 de Outubro de 2009


Os camiñantes continuan a marcha pasando por diversos fitos representativos da loita pola paz, ata terminar no monumento á Antártida no Monte Vitoria. Seguindo a marcha, o equipo internacional viaxará cara ao aeroporto para viaxar cara a Sidney, Australia.


O Luns 26 de Outubro, está previsto que pase por Ferrol a Ruta Galego-Portuguesa da Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia



As Propostas da Marcha

O obxectivo da Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia é o de percorrer todo o planeta pedindo o fin das guerras, as armas nucleares e a eliminación de todo tipo de violencia.

Unha acción dirixida a:
  • Lograr a desaparición das armas nucleares; a redución progresiva e proporcional do armamento; a firma de tratados de non agresión entre países; a renuncia dos gobernos a utilizar a guerra como medio para resolver conflitos.

  • Rescatar o mellor das diversas culturas e pobos da Terra.

  • Facer confluír as vontades de toda a sociedade civil para eliminar definitivamente a secuela social das guerras.

  • Xerar unha conciencia social mundial en contra de toda forma de violencia (física, económica, racial, relixiosa, cultural, sexual, psicolóxica) tan establecida e aceptada como inevitable pola sociedade.

  • Unha conciencia global que actúe como repulsa xeral cara a toda forma de violencia.

Enlaces de interese:
_______________________

Correo-e desde Ferrol:

Hoxe, 2 de Outubro de 2009, ás 18:30 horas parte de correos [Praza de Galiza] un autobus para levarnos a Monte Ventoso, desde alí baixaremos ao Faro Prioriño, onde se leera un manifesto pola paz e non violencia, e o Clube de Montaña tirará unha garrafa virtual cunha mensaxe de paz. Debemos ir con lanternas é importante participar na busqueda dun mundo mellor, de Paz e de Non-violencia. Hoxe 2 de Outubro no mundo enteiro comenzo a marcha,cunha mensaxe de paz para todos os habitantes do mundo. Agardamo-los, a marcha é de tod@s e para tod@s,por un mundo sen violencia.

Ferrol Pola Paz e a Non-violencia

Enviado por:
porlapazferrol@hotmail.com
2 de outubro de 2009 15:21

__________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon