- O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA A EXENCIÓN TOTAL DO IBI PARA OS E AS DESEMPREGADAS CON CARGAS FAMILIARES
- ESQUERDA UNIDA RECLAMA DO GOBERNO MUNICIPAL UNHA POLÍTICA IMPOSITIVA ATENTA ÁS NECESIDADES DOS SECTORES MÁIS GOLPEADOS POLA CRISE
O Consello local de Esquerda Unida reclama do Goberno Municipal que desenvolva unha política impositiva favorable e atenta as situacións de necesidade derivadas da actual crise económica.
Esquerda Unida considera necesario e achega a demanda ao Goberno Municipal que diante da situación de crise, as e os desempregados da nosa cidade con cargas familiares e cuns ingresos por unha prestación ou polo subsidio inferiores ao salario mínimo interprofesional sexan eximidos de aboar o imposto de bens inmobles.
A proposta da nosa organización pretende aliviar a situación económica das e dos desempregados da nosa cidade e, xa que logo, instrumentar unha política tributaria máis xusta socialmente, por amosarse atenta as situacións derivadas da crise económica.
A merma dos ingresos que se produza pola implementación desta medida vai recaer nunha administración que ten uns recursos e unha capacidade de endebedamento moi superior á dos particulares.
A nosa organización non pode compartir que as exencións recaian nas fundacións das entidades financeiras, nos poderosos da nosa comunidade, que seguen a obter grosos beneficios tras recibir as axudas públicas sen contrapartidas de ningún tipo, e que non haxa os reflexos e o sentido de xustiza para bonificar a un colectivo tan numeroso como necesitado como é o dos traballadores no desemprego.
Ferrol, 15 de outubro de 2009
Consello local de Esquerda Unida
Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/
Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
15 de outubro de 2009 17:54
Boa tarde:
No arquivo enviámosvos unha nota de prensa en relación coa demanda de exención do IBI para as e os desempregados con cargas familiares.
Recibide un saúdo.
Asdo. Ricardo Ledo
Secretario de Organización
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon