- ESQUERDA UNIDA FELICÍTASE POLA DECISIÓN DA AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA QUE DA A RAZÓN A EU AO IMPUTAR DE NOVO A LÓPEZ – SORS NO CASO PRESTIGE
- YOLANDA DÍAZ, COORDINADORA NACIONAL DE EU, ANUNCIA UNHA BATERÍA DE INICIATIVAS PARLAMENTARIAS NO CONGRESO DOS DEPUTADOS
Esquerda Unida vén mantendo ao longo destes anos a relevancia das decisións de López – sors en orden a alonxar ao buque da costa e, xa que logo, o posterior naufraxio do navío. No auto ditado pola Audiencia Provincial da Coruña apóntanse que coexisten cumulativamente todas as condicións para depurar en xuízo oral a presunta responsabilidade criminal ... a título de imprudencia grave.
Tiñamos razón en perseverar como acusación porque non pode ser que a desgraza do Prestige reste impune. Esquerda Unida está a estudar coa nosa representación legal as implicacións e pasos a seguir de agora en diante.
Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, adianta que vaise levar ao Congreso dos Deputados un conxunto de iniciativas en relación co Prestige. Sendo a primeira delas unha pregunta parlamentar ao Goberno en relación coa responsabilidade dun cargo público agora de novo imputado.
Esquerda Unida agarda que o auto da Audiencia abra o camiño para a depuración plena das responsabilidades pola catástrofe do Prestige. Depuracións que ten que servir como exemplo do que nunca máis teñen que facer as autoridades públicas nun caso semellante: antepor criterios de oportunismo no canto de adoptar as medidas de protección máis garantistas e racionais.
Compostela, 6 de outubro de 2009
Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
6 de outubro de 2009 18:08
Prezad@s compañeir@s: achegamos nota de prensa en relación co auto ditado pola Audiencia Provincial da Coruña imputando de novo - dándolle a razón a Esquerda Unida - a López - Sors e as inicitivas a seguir no Parlamento.
Gabinete de prensa de EU
___________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon