- ESQUERDA UNIDA PRESENTA NO CONGRESO VARIAS PREGUNTAS PARLAMENTARIAS PARA REPARAR AS ESTRADAS DA ZONA RURAL AFECTADAS POLA CONSTRUCIÓN DO VIAL DE ACCESO AO PORTO EXTERIOR
- O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA ALERTA DOS RISCOS DERIVADOS DE NON CANALIZAR AS AUGAS CANDO A TEMPADA DE CHOIVAS ESTÁ AO CHEGAR
Esquerda Unida denuncia que as reiteradas e constantes demandas veciñais para procurar que se arranxen os danos producidos a causa da construción da estrada ao porto exterior seguen a caer no saco roto da neglixencia e a improvisación do Ministerio. Atopámonos agora coa chegada da estación das augas e co traballo de canalización sen facer cos riscos asociados. Urxe unha resposta e actuación ministerial veloz.
A nosa organización vén de presentar no Congreso dos Deputados unha batería de preguntas parlamentarias ao obxecto de forzar unha toma de postura do Ministerio de Fomento neste caso. Queremos que o Goberno comprometa unha actuación reparadora e rápida para atender ás demandas veciñais.
Esquerda Unida quere con esta iniciativa arrincar un compromiso do Ministerio para atender ás canalizacións das augas e asemade para procurar o arranxo das estradas da zona que teñen sufrido graves quebrantos polas obras da estrada ao porto exterior: a saturación do tráfico desviado e o intenso tráfico de camións teñen orixinado un desgaste que fai imperativo o seu arranxo.
O Grupo Parlamentar de Esquerda Unida no Congreso rexistrou no día de onte as preguntas acerca de que previsións ten o Goberno en relación coas canalizacións e en que prazos e partida orzamentaria se empregarían.
O Grupo Parlamentar de EU pregúntalle tamén ao Ministerio de Fomento se a reparación das estradas deterioradas a causa da construción do devandito vial de acceso van ser reparadas, en que prazos e con cargo a que partidas.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida entende urxente e necesario dar unha resposta satisfactoria – polo Ministerio de Fomento – ás reivindicacións veciñais.
Ferrol, 21 de outubro de 2009
Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
21 de outubro de 2009 14:35
Prezad@s amig@s: vanvos en senllos arquivos as iniciativas parlamentarias presentadas por Esquerda Unida no Congreso dos Deputados para demandar a reparación das estradas deterioradas polas obras do vial de acceso ao porto exterior e a demanda das canalizacións para a baixada das augas. Un saúdo, Ramiro Marier
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon