luns, novembro 30, 2009

Farsa eleitoral en Honduras

Tags


Cualificaron o proceso de ''farsa'' e sinalaron que os obxectivos son agora restituír a orde constitucional e ao mandatario lexítimo, Manuel Zelaya, no poder e, "en caso de non lograrse iso, buscar unha asemblea constituínte"

A "Frente de la Resistencia contra el golpe de estado en Honduras" rexeitou este luns calquera tipo de diálogo co "vencedor" das cuestionadas eleccións do domingo, Porfirio Lobo, e anunciou que os seus integrantes manterán as accións de rúa ata que se restableza a orde constitucional da nación, empezando coa restitución de Manuel Zelaya.

Desde a sede do "Sindicato de Trabajadores de la Industria da Bebida y Similares - STIBYS" en Tegucigalpa, o ex candidato presidencial Carlos Reyes dixo en rolda de prensa que "nós seguiremos rexeitando calquera diálogo cos golpistas".

Reyes sinalou que o camiño fronte ao golpe é "a resistencia" e dixo que os obxectivos son agora restituír a orde constitucional e ao mandatario lexítimo, Manuel Zelaya, no poder e, "en caso de non lograrse iso, buscar unha asemblea constituínte".

Rafael Alegría, dirixente campesiño e un dos líderes da Frente chamou pola súa banda ao pobo hondureño a "manter a mobilización permanente" nas rúas, en rexeitamento á fraude electoral e en demanda dunha constituínte.

"A Resistencia fortalécese e consolídase, o réxime que xurdiu das eleccións de onte (domingo) é espurio e completamente debilitado, polo tanto non temos nada que dialogar agora con ese réxime", apuntou o dirixente, quen asegurou que a abstención nas eleccións deste domingo superou o 60 por cento.

O rexeitamento da Frente da Resistencia xorde tras as declaracións de Lobo logo do seu "triunfo" cando chamou ao pobo hondureño a soster un diálogo nacional "aberto, sen descartar a ninguén".

Doutra banda, Alegría sinalou tamén que os enfrontamentos rexistrados en San Pedro Sula (norte), durante o proceso ilegal electoral entre Policía e manifestantes seguidores de Zelaya deixaron un saldo de 48 detidos, unha nena desaparecida e seis feridos que requiriron asistencia hospitalaria.

As polémicas eleccións xerais que tiveron lugar este 29 de novembro realizáronse sen o respaldo de gran parte da comunidade internacional, que considera que se desenvolveron nun marco de ruptura constitucional.

Fonte: TeleSUR
_______________

Escoita aquí a transmisión en vivo Resistencia continua firme:

Enlaces relacionados:

Contragolpe en twitter:

http://twitter.com/contraelgolpe

    __________________________


    Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

    Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

    Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
    EmoticonEmoticon