Na pasada Xunta Xestora Comarcal da Plataforma Cidadá Queremos Galego, acordamos evidenciar públicamente a discriminación do noso idioma nos espazos de lecer e en concreto no que ao cinema se refire.
A vindeira cuarta feira - mércores 2 de Decembro, ás 7 da tarde realizaremos unha concentración nas salas Cinebox de Narón para denunciar a total ausencia do noso idioma na oferta de filmes quer para adultos quer para infantil e xuvenil.
Mesmo estando a oferta de estreas inzada de obras elaboradas en inglés e sendo todas elas traducidas, non hai ningunha traducida ao noso idioma propio.
O Plano Xeral de Normalización do galego aprobado por unanimidade no Parlamento no ano 2004 márcase como unha das medidas a aplicar: “Promover a dobraxe ao galego de polo menos 10 filmes anuais, dos que presenten maiores expectativas comerciais” Nin se cumpre este obxectivo de mínimos no que respecta aos filmes en xeral, xa que logo menos aos de maiores expectativas comerciais.
É importante a presenza do maior número de persoas para evidenciar que QUEREMOS GALEGO tamén no cinema. Difúndeo na túa asociación e no teu entorno social. Acudide!
Lugar: Sala de cines Cinebox de Narón - Odeon
Cando: Mércores 2 de Decembro ás 19:00 h.
Queremos Galego de Ferrol Terra
Sitio web oficial:
http://www.queremosgalego.org/
Enviado por:
Colectivo Sociocultural "A Revolta" da Terra de Trasancos
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
30 de novembro de 2009 09:57
_____________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon