martes, decembro 01, 2009

Mesa Redonda sobre o futuro do Porto carboeiro de Ferrol: Xoves 3 de Decembro de 2009

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza -ADEGA-, organiza, na Galería Sargadelos de Ferrol, un acto de información e debate sobre o futuro do Porto Carboeiro de Ferrol, este Xoves, 3 de Decembro de 2009, ás 19:30 horas. O local está situado na esquina do cruce entre a Rúa Rubalcava e a Rúa María.


MESA REDONDA-COLOQUIO:

  • PORTO CARBOEIRO DE FERROL : ¿QUE SE DEBE FACER CON EL?

  • PASOS NA REXENERACIÓN DA RÍA DE FERROL

Relatores:
  • D. Joám Luís Ferreiro. Biológo. Confraría mariscadores Barallobre e Sociedade Galega Historia Natural
  • D. Javier Solloso. Vicepresidente da Asociación Vecinos “Cruceiro de Canido” (Ferrol).
Modera:
  • Antonio García (ADEGA)
Organiza:
  • ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)

Colaboran:
  • Galería Sargadelos. Ferrol
  • Sociedade Galega Historia Natural
  • A.VV. Cruceiro de Canido.Ferrol
  • Confraría Mariscadores Barallobre. Fene.

Enviado por:
Antonio García J.- ADEGA-Trasancos
-angaji@yahoo.com-
30 de novembro de 2009 22:54
_____________________

Enlace de Interese:

http://www.adega.info/
_________________________

1 comentarios so far

Os conferenciantes tentarán dar resposta á pregunta de que facer co peirao carboeiro na dársena interior de Ferrol, unha vez que todo o mineral que recibe Endesa para a planta das Pontes se reciba na terminal exterior de Caneliñas. Para a construción deste peirao, cunha liña de atraque de 271 metros, foi preciso realizar un recheo na ría ferrolá. A superficie que ocupa esta terminal, máis de 35.000 metros cadrados, perderá a súa utilidade unha vez que sexa totalmente substituída pola de Caneliñas, o que abre a posibilidade de recuperar ese espazo para outros usos.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon