Informe para o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Os pasados 2 e 3 de Decembro os medios de comunicación [TV, Radio e Prensa Escrita] en forma de titular e noticia de fundo, daban titulares como este:
"El Parlamento Europeo cierra el expediente sobre Reganosa ... La comisión de peticiones del PE se encargó de tomar la decisión..." [El Correo Gallego - 03.12.2009 P. HERMIDA]
Estaban-se referindo á Petición 1322/2007, presentada por Yolanda Díaz Pérez, en nome Esquerda Unida de Galicia, Jesús Ignacio Caselas Pérez, en nome da Federación Roi Xordo de AAVV da zona urbana de Ferrol, e Bernardo Bastida Sixto, en nome da Confraría de Pescadores de Ferrol sobre a apertura da planta de regasificación que Reganosa instalou en Punta Promontorio no concello de Mugardos.
A petición foi presentada en Novembro de 2007 no rexistro de peticións do Parlamento Europeo, lugar onde se desprazou unha representación do Comité Cidadán, convidados polo grupo parlamentario de Esquerda Unida.
A Petición 1322/2007 foi admitida a trámite o 7 de maio de 2009. Respaldando-se no disposto no artigo 202, apartado 6, do Regulamento do Parlamento Europeo, a Comisión de Peticións solicitou á Comisión Europea que facilitase información ao repeito do asunto.
A Comisión de Peticións recibe o Informe da Comisión Europea que con data 25.9.2009 reenvia aos membros da Comisión de Peticións. Este documento baixo o Titulo: "Comunicación aos Membros", foi enviada a todos os membros do Pleno da Comisión de Peticións, así como se fixo público na propia web do Parlamento Europeo.
Este é o Documento que utilizan os medios para elaborar a súa noticia de suposto peche do expediente sobre Reganosa na Comisión de Peticións.
Este Documemto que recolle na súa integridade o Informe da Comisión Europea, era un Documento que se tiña que tratar na Reunión Ordinaria do Plenario da Comisión de Peticións, do 1 e 2 de Decembro de 2009, onde se ía tratar a xa citada Petición 1322/2007, no ponto 32 de 91 puntos anexados máis que figuraban na orde do día.
Documento da Reunión:
http://www.europarl.europa.eu/meetdocs/2009_2014/organes/peti/peti_20091201_1500.htm
Os medios deron por suposto que na citada reunión plenaria da Comisión de Peticións o ponto 32 [Petición 1322/2007] ía ser tratado, pechado o expediente e acordado o seu arquivo.
Chegaron-se e dicer cousas como esta por parte de P. Hermida en "El Correo Gallego" do 03.12.2009:
"Pero los eurodiputados no necesitaron ni un debate para archivar el expediente. La resolución atiende a las recomendaciones del Ejecutivo comunitario, partidario de 'no proseguir con el asunto ya que no tiene sentido ni hay irregularidades'."
O Comité Cidadán de Emerxencia e Esquerda Unida, desmentiron o arquivo do expediente, máis non houbo nengún só medio que retificara, só publicaron algúns deles as notas das citadas entidades con anotacións ao marxe.
Hoxe, 18 de Decembro de 2009, a Comisión de Peticións publica a Acta da Reunióm Plenaria celebrada os pasados 1 e 2 de Decembro de 2009 [En inglés], onde na súa páxina sete, no último parágrafo di textualmente:
É dicer a nosa Petición 1322/2007 vai-se tratar na Reunión Plenaria da Comisión de Peticións dos vindeiros 27 e 28 de Xaneiro de 2010.
Enlace onde se pode abrir e baixar a citada Acta
Como funciona a Comisión de Peticións [Moi interesante Video explicativo de pouco máis de tres minutos].
Documentos referenciados:
Algunhas mostras da noticia nos medios :
Conclusión:
Os medios de comunicación, mentiron á hora de dar a noticia, intencionadamente ou non, o caso é que mentiron, nuns casos daban a fonte da información en noticias de axencia [EFE], noutros falaban de "fontes parlamentarias" e noutros como correspondentes ou mesmo redactores sen mencionar fontes.
Manipulación, falta de rigor ou erro ... nalgúns casos que coñecemos a súa traxectoria "desinformativa" e manipuladora en todo o referente a Reganosa, non temos a menor dúbida. Mais noutros casos pode que sexa un erro ao non investigar as fontes.
Mais en todos os casos, estes medios deberían dar unha explicación formal do seu "erro", e retificar publicamente.
E as organizacións e persoas que aproveitaron esta manipulación para minar a credibilidade do Comité, na súa "cruzada" para o seu derrocamento, deberían retificar publicamente.
Publicado no Blogue:
Accións contra Reganosa nas Institucións Europeas
Blogue de traballo do Colectivo Ártabra 21 para a loita contra o despropósito gasístico de Regano
http://europa-e-reganosa.blogspot.com/
____________________________________

- Petitions 0669/06, 0878/2007, 1322/2007, 1831/2008, 0192/2009, 0302/2009 and 0439/2009 would be discussed in an upcoming meeting.
- [Peticións 0669/06, 0878/2007, 1322/2007, 1831/2008, 0192/2009, 0302/2009 e 0439/2009 será discutido nunha próxima reunión.]
- 92. Date and Place of next meeting
Wednesday, 27 January 2010, 15.00-18.30
Thursday, 28 January 2010, 09.00-12.30
- [92. Data e lugar da seguinte reunión
Mércores 27 de Xaneiro 27 de 2010, De 15:00 a18:30 horas
Xoves 28 xaneiro de 2010, De 09:00 a 12.30 horas]
É dicer a nosa Petición 1322/2007 vai-se tratar na Reunión Plenaria da Comisión de Peticións dos vindeiros 27 e 28 de Xaneiro de 2010.
Enlace onde se pode abrir e baixar a citada Acta
Como funciona a Comisión de Peticións [Moi interesante Video explicativo de pouco máis de tres minutos].
Documentos referenciados:
- Regulamento do Parlamento Europeo, apartado 6 do Artigo 202
- Video que amosa como funciona a Comisión de Peticións
- Acta da Reunión - MINUTES Meeting of 1 December 2009, from 15.00 to 18.30, and 2 December 2009, from 09.00 to 12.30 BRUSSELS
- Documento que conten a orde do día previsto da reunión plenaria da Comisión de Peticións celebrada os días 1 e 2 de Decembro de 2009
- Documento da Reunión da Comisión de Peticións -01.12.2009-
- Documento: "Comunicación aos Membros" -25.09.2009
Algunhas mostras da noticia nos medios :
- Nos xornais El correo Gallego e Galicia Hoxe: "Bruxelas pecha o expediente sobre a planta de Reganosa".
- Mesmo na páxina "Reganosa Demolizón", con sustanciosos comentarios, dan-lle credito ao publicado polo ABC: "PE cierra su expediente sobre la planta de Reganosa al no ver irregularidades - Bruselas, 2 dic (EFE).- La comisión de Peticiones del Parlamento Europeo (PE) cerró hoy su expediente sobre la planta regasificadora de Reganosa, después de que la Comisión Europea (CE) analizase la instalación y no apreciase ninguna violación de las normas comunitarias".
- La Voz de Galicia: "La Eurocámara archiva la denuncia contra la planta de gas de Reganosa. La Comisión reconoce que la planta puede ser «impopular», pero asegura que cumple las normas de la UE. Autor:Juan Oliver | Corresponsal 3/12/2009 - El Comité de Peticiones del Parlamento Europeo acordó ayer archivar la denuncia presentada por Izquierda Unida, la federación de asociaciones de vecinos Rei Xordo y la Cofradía de Pescadores ..."
- "El grupo municipal de EU anunció ayer que presentará nueva documentación contra Reganosa ante la Comisión de Peticiones del Parlamento Europeo pese a que este órgano comunitario aseguró el pasado miércoles «que no tiene ningún sentido proseguir con este asunto». La UE decidió cerrar el expediente que había abierto a instancias de EU, la federación de asociaciones de vecinos Roi Xordo y la Cofradía de Pescadores de Ferrol, después de realizar «una evaluación pormenorizada y exhaustiva» de la planta y comprobar que no viola la normativa medioambiental y de seguridad de la UE". [Asegurou La Voz de Galicia na súa edición de 04.12.2009]
Conclusión:
Os medios de comunicación, mentiron á hora de dar a noticia, intencionadamente ou non, o caso é que mentiron, nuns casos daban a fonte da información en noticias de axencia [EFE], noutros falaban de "fontes parlamentarias" e noutros como correspondentes ou mesmo redactores sen mencionar fontes.
Manipulación, falta de rigor ou erro ... nalgúns casos que coñecemos a súa traxectoria "desinformativa" e manipuladora en todo o referente a Reganosa, non temos a menor dúbida. Mais noutros casos pode que sexa un erro ao non investigar as fontes.
Mais en todos os casos, estes medios deberían dar unha explicación formal do seu "erro", e retificar publicamente.
E as organizacións e persoas que aproveitaron esta manipulación para minar a credibilidade do Comité, na súa "cruzada" para o seu derrocamento, deberían retificar publicamente.
Publicado no Blogue:
Accións contra Reganosa nas Institucións Europeas
Blogue de traballo do Colectivo Ártabra 21 para a loita contra o despropósito gasístico de Regano
http://europa-e-reganosa.blogspot.com/
____________________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon