ACTOS DE DIFUSIÓN DO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Últimos acordos tomados na reunión da Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá (xoves 14.01.10):
PROGRAMA (20, 21, e 22 XANEIRO): ANIMACIÓN DE RÚA NOS BARRIOS
Entidades que participan (días previos ao Jofre):
- Compañía de teatro “Ghazafelhos”
- Asociación Cultural A Revolta de Trasancos.
- Asociación Agarimo.
- Asociación cultural Trópico de Grelos, con Blo-Afro.
- Grupo de 10 cabezudos (da A.VV. Caranza), que portarán os veciños e as veciñas de diversos barrios.
Mércores 20 de Xaneiro - Barrio da Magdalena. Saída ás 18,30 horas. Dous itinerarios que conflúen no Cantón:
- A Revolta + 5 cabezudos, saindo do Local social da A.VV. Esteiro – San Amaro – Praza do Callao – Rúa Lugo- Galiano – Praza de Armas - Cantón
- Agarimo + 5 cabezudos, saíndo do Local social da A.VV. Ferrol Vello – San francisco – Praza Amboaxe – Real – Cantón.
- Actuará no Cantón compañía de teatro “Ghazafelhos”, co espectáculo “contos para escagarriñarse” (45 min.).
- En caso de choiva: Fundación Caixa Galicia.
- Itinerario: Rotonda Sexto Pino ate estrada de Covas pola Avenida 19 de Febreiro e retorno á Pista Polideportiva (Agarimo + 10 cabezudos).
- Actuará na pista polideportiva a compañía de teatro “Ghazafelhos”.
- En caso de choiva: interior do Local da A.VV. San Salvador de Serantes
- Itinerario: Praza de Ultramar – Rúa Perú – Igrexa O Rosario – Rúa Fontemoura -Praza do Inferniño (Agarimo + 10 cabezudos).
- Actuará na Praza do Inferniño “Bloco-afro” (da Asociación Trópico de Grelos) (9 músicos) e a compañía de teatro “Ghazafelhos”.
- En caso de choiva: C.C. Carvalho Calero.
Outras actividades preparatorias:
Luns 18 de xaneiro:
- Inicio da pegada de carteis nos barrios do Inferniño e Ultramar ás 17,45 horas.
- Reunión ás 18,00 horas no C.C. Carvalho Calero, convocada polas asociacións veciñais de Inferniño e Ultramar, co obxecto de convocar a todas as entidades cidadás da zona para difundir as actividades (4 días)
Publicidade:
- 500 carteis,
- 5000 volandas.
- Pendente: publicación do Regulamento e o Glosario (2000 exemplares, hoxe en imprenta), que serán distribuidos no Teatro Jofre.
- Realizarase unha presentación ante os medios, con carácter previo ao sábado 23 a publicación, xunto aos representantes do Colexio Profesional de Ciencias Políticas e Socioloxía de Galicia, que redactaron o glosario de termos sobre democracia e cos que se iniciou unha vía de colaboración.
- Circular a todas as asociacións para o acto do 23.
ESCALETA - SÁBADO 23 DE XANEIRO NO TEATRO JOFRE
- Inicio. 20,30.
- Presentación do acto, xornalista Raúl Salgado (guión e enlace de todas as actividades, que explicará a cronoloxía do proceso).
- Intervencións esporádicas en clave de comedia, coa actriz e monologuista Cristina Moreira.
- Grupo de jazz-tango “Tiempo4”
- Intervención de Mapi Venancio, veciña participante do grupo de traballo que conformou o GAP (hoxe membro da Comisión Provisional de Control do RPC).
- Karlotty e Guillermo Ferrandez, poesías baixo a temática da participación cidadá.
- Pechará as intervencións o Alcalde, que entregará o documento do Regulamento aos 12 membros da Comisión Provisional de Control.
- Finaliza o acto coa actuación da Banda Municipal de Concello de Ferrol e da Banda do Tercio Norte.
Agradécese a difusión destas accións, co obxecto de realizar un CHAMAMENTO A TODA A CIDADANIA para acudir tanto o sábado 23 ao TEATRO JOFRE como ás actividades de animación nos distintos barrios.
Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es
Enviado por:
Participación Cidadá
-participacion@ferrol.es-
15 de janeiro de 2010 12:00
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon