
As deputadas do BNG, Ana luisa Bouza e Ana Ponton, lembran que “o pasado 27 de febreiro de 2009 a conselleriaa de Cultura asinaba unha resolución mediante a que se incoaba o expediente de declaración do Barrio de Ferrol Vello, en Ferrol, como Ben de Interese Cultural na categoría de casco histórico”
O ámbito proposto para a declaración inclúe o propio barrio, xa catalogado polo Plan Xeral da cidade, a fronte do porto (avenida da Mariña) e o barrio de Argüelles. O ámbito de respecto proposto inclúe a Fábrica de Lapis Hispania, o Baluarte de San Xoán, e a Dársena de Curuxeiras.
Tras a publicación no DOG, abríase un paréntese de 20 meses de traballo que debía concluir coa declaración definitiva de BIC para o barrio de Ferrol Vello. Polo que o BNG insta ao Goberno Galego a dar conta do estado do expediente e se pensa esgotar o prazo máximo, fixado na lei, para resolver definitivamente a declaración do barrio como BIC.
BNG-Ferrol
Enviado por:
BNG Comarca Ferrolterra
-sedenacional@bng-galiza.org-
31 de janeiro de 2010 03:42
___________________
Documento de Interese:
Baixar dos Arquivos Ártabros a Resolución da Direción Xeral do Patrimonio Cultural - en formato pdf- facilitada pola asociación veciñal
____________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon