xoves, xaneiro 14, 2010

O Instituto Galego de Estatística publica o IPC do mes de Decembro de 2009 e o Informe sobre as variacións do IPC

Tags

O índice xeral correspondente ao mes de decembro de 2009 en Galicia mantívose constante con respecto ao mes anterior, o mesmo que no conxunto do Estado. A suba dos prezos con respecto a decembro de 2008 foi do 0,9%, unha décima mais que no conxunto do Estado.

A variación interanual da inflación subxacente (índice xeral sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) sitúase no 0,2%, dúas décimas superior á rexistrada en novembro e unha décima menor que a rexistrada a nivel estatal.
En termos de taxa interanual, son os grupos de “Transporte” (4,1%), “Bebidas alcohólicas e tabaco” (11,3%), “Hoteis, cafés e restaurantes” (1,8%), e “Outros bens e servizos” (1,9%) cunha achega de 1,3 puntos, os que repercuten máis positivamente na subida do 0,9% do índice xeral. O grupo de “Alimentos e bebidas non alcohólicas” (-2,0%) resta 0,4 puntos á variación do índice xeral.

O IGE editou un documento onde se presenta as variacións do índice de prezos de consumo xeral, por grupos e por provincias. Asemade, tamén se facilitan prediccións para o mes seguinte do IPC xeral, alimentación e non alimentación.

... Para máis información:

Acceder ou Baixar o INFORME SOBRE AS VARIACIÓNS NOS INDICES DE PREZOS DE CONSUMO - Decembro 2009 - Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2010 - Folleto de 12 páxinas en formato -pdf-

Pode-se solicitar o Folleto impreso: Solicitar
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon