Folga xeral no ensino
O xoves 21 de xaneiro, nas rúas de Santiago de Compostela, a cidadanía terá a oportunidade de demostrar ao goberno da Xunta de Galicia comandado polo señor Feijoo, o rexeitamento a política lingüística adoptada por este dende a súa chegada ao poder fai pouco menos dun ano.
A folga está convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, a cal a Asociación Cultural Fuco Buxán está adherida. Esta plataforma nace coa intención de poñer a nosa lingua no espazo que se merece, ante unha situación actual máis que preocupante, fomentada sen dúbida pola política levada a cabo polo Partido Popular de Galicia cun novo decreto que intenta priorizar, de novo, a lingua castelá frente a galega, encuberta na idea de ofrecer un terzo das materias en inglés, feito totalmente imposible de levar a cabo nos centros educativos.
A A.C. Fuco Buxán apoia a folga xeral do día 21, sabendo que é necesario poñer tódala forza da que dispón a cidadanía na defensa da nosa lingua e, a súa vez, da nosa cultura dos continuos ataques, xa avisados na campaña electoral, polo partido que actualmente goberna en Galicia.
A demostración pola maior parte da cidadanía do desencontro coas reaccionarias ideas que está a levar a cabo o goberno da Xunta de Galicia, debe facerlles mudar a súa política lingüística. Deben comprender que a actitude de continuos ataques cara a nosa identidade, non é a línea adecuada para gobernar Galicia.
Manifestación 21 de xaneiro ás 11.30 na Alameda de Santiago.
Autobuses desde FERROL
Teatro Jofre. Saída de Ferrol ás 10 h. Saída de Santiago ás 14 h.
Contactar Telefonos: 981 35 87 50 -Local Comarcal da CIG en Ferrol-
689 39 28 61 -Ana-
Máis información:
http://www.queremosgalego.org/
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
fucobuxan@gmail.com
17 de janeiro de 2010 22:40
__________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon