O CCE CONVIDA A MOSTRAR A SOLIDARIDADE COS 14 MARISCADORES PROCESADOS
O vindeiro xoves 25 de febreiro, ás 10 horas, no Xulgado do Penal de Ferrol (Rúa Coruña s/n) terá lugar unha nova xornada do xuizo contra 14 mariscadores da Confraría de Ferrol acusados de "desordes públicos" pola entrada ao despacho do presidente da Autoridade Portuaria Amable Dopico (que estará presente como testemuña) demandando xustificación ante a prohibición de faenar o día 30 de maio de 2007 por mor da entrada na Ría do gaseiro "Mourad Didouche" cargado de GNL para Reganosa.
Para todos eles pide o Fiscal nove meses de cárcel e indemnización económica a Autoridade Portuaria, unha das entidades causantes da permanente situación de perigo que vimos padecendo.
Este Comité Cidadán de Emerxencia solidarizase cos acusados, estima oportuno o sobreseimento da causa e fai un chamamento a cidadanía para acompañalos nese día. Estas persoas non cometeron outro delicto que a loita pola defensa dos seus postos de traballo, da sostenibilidade da Ría e a seguridade dos seus habitantes, os mesmos obxetivos que perseguian os cidadáns e cidadás que convocados por este Comité Cidadán de Emerxencia concentrabanse nese intre, no porto, a escasos metros da Autoridade Portuaria.
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Enviada polo:
________________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon