A derruba da muralla do arsenal é un vello soño do pobo de Ferrol que quere ver o mar, a perspectiva da súa ría e contemplar a infraestrutura arquitectónica do arsenal: unha valiosa obra de enxeñería que consta de numerosos edificios de importante categoría artística.
- Queremos ver integrados na nosa estrutura urbanística, polo menos, os lugares que están militarmente desafectados.
- Queremos contribuír á transformación de Ferrol para convertela nunha cidade máis habitable, humana e atractiva: substituír o actual muro (que contra toda lóxica e estética aínda permanece en pé) contribuiría a acadar este obxectivo.
- Queremos trasladar, á opinión dos ferroláns e ferrolás, un tema que sempre lles preocupou e que desde o goberno local nunca se abordou coa suficiente seriedade e determinación.
- Queremos que a cidadanía participe activamente nas decisións que afectan ao deseño da nosa cidade.http://milrazonscm.blogspot.com/
Por estas razóns solicitamos que se abra Ferrol ao mar.
Blogue: http://milrazonscm.blogspot.com/
Información baseada na enviada por:
Xosé Manuel Pazo Blanco
-manolopazo@gmail.com-
3 de março de 2010 11:18
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon