domingo, marzo 14, 2010

Botan a andar as "marchantas" que participarán nas IIIª Acción Internacional da rede feminista Marcha Mundial das Mulleres



Despois do éxito que as distintas manifestacións e concentracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres, en cinco cidades galegas, no centenario do 8 de Marzo, este sábado 13, e chegadas en tren tamén desde distintsos puntos da xeografia galega, as activistas da MMM, concentráron-se en Compostela para presentar as súas "marchantas" que participarán nas IIIª Acción Internacional desta rede feminista mundial.

O importante espazo que no discurso político da Marcha ocupan as construccións simbólicas das mulleres, ten como función, explicar sen palabras, para entender coa vista, co tacto ..., con outro xeito de comunicar, as reivindicacións feministas dirixidas a cabar coa violencia e a pobreza no mundo. Foi así no ano 2000, cando en Nova Iorque se construiu unha escultura cos utensilios de cociña traidos polas 200 delegadas da MMM vindas dos cinco continentes; foi asi no 2005 cando se foi tecendo con anacos de 50 países unha "Colcha da Solidariedade" que acompanhou atá Burquina Fasso a "Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade", e é agora, no 2010, que as "marchantas", mulleres que camiñan construidas en distintos materiais, van trasladar ao Congo, o 17 de Outubro deste ano, toda a solidariedade e todos os soños que construiron moitas horas de traballo e reflexión para elevar, nas distintas mobilizacións da MMM ao longo deste ano 2010, estas figuras que recollen unha visión plural e única deste movemento feminista. Antes de trasladarse ao Congo, as "marchantas" construidas polas activistas galegas, acudirán a Istambul, o 30 de xuño, para participar na Mobilización Europea pola Paz e o Antimilitarismo. O propio 17 de outubro, para acompañar as actividades nas que van participar estas "marchantas" no Congo, acompañadas de dúas delegadas da Coordenadora Nacional Galega, a MMM pensa organizar na cidade de Vigo, un Tribunal de Acusación Popular.

______

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

__________________

En pouco tempo publicaremos a reportaxen do acto que tivo lugar en Compostela este Sábado 13 de Marzo de 2010, onde se botaron a andar as "marchantas" que participarán nas IIIª Acción Internacional desta rede feminista mundial.
_______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon