Interesante reportaxe fotográfica da entrada do "LNG Hispania Spirit" na Ría de Ferrol, cargado con GNL-LNG para a ilegal e perigosa Reganosa. Nas fotos pódese apreciar a proximidade da planta e o buque aos núcleos de poboación.
Este buque fai o 13 que ten que demorar a súa entrada por mor das condicións meteorolóxicas desde que en Maio de 2007 entrou o "Galicia Spirit".
28.02.2010
Información baseada na enviada por:
Suso Pazos
-susopazos@yahoo.es-
28 de fevereiro de 2010 22:16
__________________________________As dificultades da entrada de gaseiros a Reganosa
Xa son 13 os gaseiros con problemas na entrada
O LNG “Hispania Spírit” tiña programada e autorizada a súa entrada para o pasado sábado 27 de febreiro. Debido ás condicións do vento e estando próximo á Ría de Ferrol tivo que desviarse e continuar navegando ata a tarde do domingo día 28.
Dous 61 gaseiros arribados a Reganosa, 13, ou sexa o 21,3 %, ou máis claro: 1 de cada 4,6, non pode efectuar a súa entrada o día previsto, por mor das condicións meteorolóxicas na angosta bocana da Ría.
Isto supón que o buque ha de esperar, 24 ou 48 horas, á próxima marea diúrna en que se dean as condicións de seguridade establecidas.
A unha planta perigosa, innecesaria e deficitaria, súmase un importante incremento no custo do transporte, que indubidablemente repercute nos petos dos cidadáns.
Apelamos unha vez máis á responsabilidade das autoridades estatais, autonómicas e locais, para que cesen no seu temerario consentimento e poñan punto final a esta situación de risco permanente e a este malgasto dos caudais públicos.
* POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
* CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
* PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de março de 2010 15:33
_______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon