Por Clodomiro Montero M. [*]
25.03.2010
O gobernador ameazou con intervir caixas de aforros que non se sometan aos plans do ente supervisor. Despois da crise provocada pola incompetente supervisión bancaria e dos multimillonarios plans de rescate bancarios os cidadans deberíamos intervir o Banco de España e reclamar unha Banca Pública.
O Banco de España formaba parte do organismo de supervisores de Basilea, encargado de elaborar a regulación Europea, que posteriormente acadaban o rango legal a traves de Directivas Europeas. A confianza cega na autoregulación dos mercados e das propias entidades, nas que avanzaban esas normas, levaron o sistema ao colapso. E os rescates multimillonarios dos sistemas bancarios provocaron un deficit público que agora pretenden solventar con recortes sociais.
Agora ameaza con intervir Caixas de Aforros para que acaten o seu deseño dun novo mapa financeiro, defende a súa desterritorialización con fusións intercomunitarias aloxándoas da poboación que as fixo medrar, como paso previo a seren privatizadas.
Un comportamento que raia o matonismo ao servizo dos intereses económicos do gran capital que leva anos pulando pola privatización total e absoluta do sistema financeiro e no caso do estado español das caixas de aforros.A que intereses serven hoxe o PSOE e o PP cando falan de privatizar as Caixas: aos da maltreita gran banca.
O gobernador ameazou onte con intervir caixas de aforros ao abeiro do establecido no FROB, que dota a esta institución neoliberal e incompetende das máximas competencias en detrimento das competencias das Comunidades Autónomas.
Non hai unha sola entidade (bancos e caixas) que non teña recorrido a algunhas das liñas de axudas estatais ou europeas, sen as inxeccións de liquidez todo o sistema financeiro europeo houbera caído como un castelo de naipes. Xa postos que interveña todo o sistema financeiro e que o nacionalicen.
Chegou o momento de que os cidadáns propoñamos intervir o Banco de España, que botemos a patadas ao gobernador e reclamemos que si hai que intervir entidades que se faga, si hai que poñer mais diñeiro público para sanear banco se caixas que se faga, pero para constituír a base dunha Banca Pública ao servizo da economía e das persoas.
Fonte: Avantar
[*] Secretario nacional da Federación da Banca.
_____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
xoves, marzo 25, 2010
Hai que intervir o Banco de España
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, marzo 25, 2010
Tags
Artigos relacionados
- "A peor burbulla en España é a burbulla mental. A sociedade está paralizada, nun dobre
- Interesante documento de apenas 13 minutos que paga a pena escoitar (vivenda, saúde, tr
- Entre as primeiras obras máis vendidas no vello continente durante o ano 2012, aparece
- FERROLTERRA ESIXE SOLUCIÓNS Bos días: Como sabedes o pasado venres arrancou a campaña
- O Tren de Bankia O presidente do Goberno, Mariano Rajoy e o ministro de Facenda e A
- "A crise está sendo a excusa perfecta, empezaron polo naval e agora veñen contra
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon