xoves, marzo 04, 2010

A praia de Cabanas, ven sendo destragada polo Ministerio de Medio Ambiente español, dende fai, máis de trinta anos.

Tags


Primeiro foi o paseo marítimo, cementando a plaia que quedaba baixo a ponte do tren e que era chamada, O Tambre. Logo e na mesma reforma para facer un acceso millor, destragaron un tercio do pinar, por pasar a carretera e un aparcamento a rentes da vía do tren. Na mesma desfeita, construiron un dique que unira o paseo antes mencionado e un pequeno farom, producindo o denominado efecto Zarauz. E decir que tratando de facer unha corrente para que non se acumulase area no canal de entrada a Pontedeume, o que fixeron foi que se acumule toda a area na praia. Para remedialo, todolos anos, emprenden un traballo que consiste que no mes de Xullo, acumulan a area na parte de arriba do areal, para no mes de setembro ou octubro coas primeiras mareas, a area volve a acupar o seu sitio o natural, para facer o mesmo anos tras ano.

Agora, toculle ao arbolado. O pinar de Cabanas, que non ten cen anos, naceu de xeito esporádico, en condicións dificiles, por mor do terreo no que se sustenta que é area. De xeito natural íbase renovando, excepto vai para vinte anos en que se fixo unha repoboación, da que algo quedou.

Agora Medio Ambiente, con un super presuposto, di nun taboleiro no que explica os traballos que son para SOSTENIBILIDADE DA MASA ARBOREA DO PIÑEIRAL DA PRAIA DE CABANAS. Sostenibilidade, é manter o que hai, cortando o mínimo, por causa de que a masa de piñeiros é moi feble, e limpalo de arbores secas ou caídas. ADEGA, fixo pública unha nota denunciando os traballos na praia por que se están a cortar en demasía. Esperemos que con tal presuposto se planten pinos que estén garantizados de procesionaria, aos que Medio Ambiente nestes últimos anos, non nos consta que atallara.



XESÚS ANDRÉS LÓPEZ PIÑEIRO

Presidente de ADEGA-TRASANCOS
ADEGA, delegación de Trasancos



Enviado por:

Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
ADEGA-TRASANCOS
-adegatrasancos@adega.info-
4 de março de 2010 16:57
_______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon