Querid@s tod@s,
este é un recordatorio de que o próximo domingo 21 de Marzo temos unha cita importante ás 12:00 do mediodía na Alameda de Santiago de Compostela, a onde nos convoca a Rede-GNSV, á que nós pertencemos, e coa que vimos reclamando o noso dereito a outro modelo de sociedade máis xusto e solidario baseado no respecto ás persoas e ao noso medio natural.
Ademais, e organizada por unha comisión de compañeir@s da Rede, estes últimos meses hai unha Caravana Festivo-reivindicativa que vén percorrendo distintos puntos de Galicia a fin de informar das distintas problemáticas que procuramos abordar e de animar ao maior número posible de cidadáns a que se unan a esta gran mobilización e a que acudan ao último concerto desta Caravana que se celebrará na mesma tarde da manifestación na Sala Nasa de Santiago de Compostela coas actuacións de:
- O Sonoro Maxín
- Pallas@s en Rebeldía
- Pandeireteiras de Bouba
- Sacha na Horta
- Pola defensa do litoral
- Por unha ordenación racional do territorio
- Pola nosa soberanía alimentaria e enerxética
- Por outro modelo de transporte
- GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE !!!
Apertas,
Mabel&Enrique.
Enviado por:
Enlace relacionado:
Ártabra 21: Manifestación Nacional en Compostela "Contra a destrución do territorio": Domingo 21 de Marzo de 2010, ás 12 do mediodía na Alameda
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon