Organizacións sociais que participán na Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático e os Dereitos da Nai Terra (CMPCC) comezaron a dar pautas do que serán os Dereitos Universais da Nai Terra, que serán aprobados en Cochabamba e serán presentados no Cume de Cancún, México, a fin de ano.
"A Terra é a nosa nai e como todos debe ter os seus dereitos, por exemplo, non ser contaminada, ten dereito á biorregeneración, ten dereito a que non lle extraia recursos naturais de forma irresponsable, só en forma sostible e equilibrada, e tampouco pode danar-lla con agroquímicos", explicou o dirixente do Consello Nacional de Ayllus e Markas do Qullasuyu (Conamaq) Rafael Quispe. O campesiño comparou estes feitos coa Declaración Universal de Dereitos Humanos, do 10 de Decembro de 1948, aos catro meses de finalizada a Segunda Guerra Mundial. "Igual ten que ser, porque a Nai Terra ten dereitos que todos debemos respectar", insistiu o dirixente, quen hoxe se trasladará a Cochabamba.
Polo seu lado, Dionisio Cabrera, da Confederación Sindical Única de Traballadores Campesiños de Bolivia (CSUTCB), engadiu que, unha vez que sexa redactado este documento, o próximo paso será a socialización. "Para que teña incidencia mundial, debemos tratala como á nosa nai, que ten fillos, eles son os seus bosques, os seus ríos e os seus animais, para iso tamén imos recoller suxestións doutros países" [*].
Mércores, 21 de abril de 2010
AVISO: Mañá xoves, 22 de abril, Amy Goodman será entrevistada en vivo desde Cochabamba, con tradución ao español, pola televisión pública ecuatoriana Ecuador TV. A entrevista será emitida en vivo entre as 9 e as 10 da mañá, hora de NY, Cochabamba e Quito, e poderá verse en liña en www.ecuadortv.ec
Síguenos por Facebook e Twitter
21 de abril de 2010 - Boaventura de Sousa Santos fala sobre modelos de alternativa post-petroleira para superar o cinismo dos países desenvolvidos na conferencia de Cancún sobre o cambio climático, o significado do cume de Cochabamba e outros temas
Escoitar
Boaventura de Sousa Santos, un académico de prestixio mundial e un dos principais organizadores do Foro Social Mundial, fala desde Chochabamba sobre os modelos post-petroleiros, que teñen en conta os principios indíxenas de conección entre o home e a natureza. Estes modelos apuntan á superación da dependencia da mono-cultura da exportación de recursos naturais como base da económia capitalista dos países en vías de desenvolvemento e oponse aos procesos de desenvolvemento de infraestrutura que non teñen en conta ás comunidades indíxenas orixinarias desas terras.
21 de abril de 2010 - Voces dos participantes da Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Clima
Escoitar: Carlos Arien- Organización Bolivia Sol
Escoitar: Kety Esquivel–Latinos in Social Media
Escoitar: Linda Velarde
Miles de activistas, organizacións sociais, académicos e medios de comunicación déronse cita esta semana en Tiquipaya, Cochabamba, Bolivia, para facer un chamado ao mundo acerca das problemáticas relacionadas co cambio climático e os problemas ambientais causados polo modelo económico actual. A continuación algúns deles comparten connosco as súas loitas locais, o por que están en Cochabamba e cales son as expectavias que teñen sobre o resultado deste encontro.
20 de abril de 2010 - Mario Palacios, presidente da coordinadora indíxena CONACAMI de Perú, fala sobre como as dinámicas extractivas das multinacionais mineiras no Perú obedecen a unha lóxica non de "libre comercio" senón de "libre saqueo".
Escoitar
No marco da Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático e os Dereitos da Nai Terra, Mario Palacios presidente da Confederación Nacional de Comunidades Afectadas pola Minería en Perú, fala sore o impacto que tivo esta industria, no contexto das políticas neoliberais, para as comundiades indíxenas no Perú. Palacios describe o xeito en que estas comunidades organizáronse para propor modelos alternativos de sociedade e un movemento indíxena continental, onde a idea dun Estado plurinacional emerxe como unha posibilidade para reivindicar os dereitos das comunidades orixinarias en todo o continente, como sucedeu en Ecuador e Bolivia.
19 de abril de 2010 - Entrevista a Pablo Solón, embaixador boliviano ante as Nacións Unidas: "Para salvar o planeta necesítase unha organizacion mundial dos pobos"
Escoitar
Este luns comezou en Tiquipaya, Bolivia a Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático e os Dereitos da Nai Terra, convocada polo Presidente boliviano Evo Morales logo do fracaso do Cume de Copenhague, onde os líderes do mundo non lograron arribar a un acordo global para deter o arrequecemento global. Entrevistamos a Pablo Solón, embaixador boliviano ante as Nacións Unidas e un dos principais responsables da organización do cume, para coñecer os motivos da convocatoria, os obxectivos principais da conferencia e a postura que o goberno boliviano vén sostendo nas Nacións Unidas en relación co cambio climático e a súa proposta de recoñecer a existencia dunha "débeda climática".
Escoitar/Ver
Democracy Now!, o Informativo de Guerra e Paz é un programa independente de noticias internacionais que se produce diariamente en Nova York e trata os acontecementos máis importantes do mundo e da política exterior estadounidense. Interésanos establecer un conexión sen fronteiras, por medio das nosas noticias con todas as radio de América Latina. Todos os nosos servizos ofrécense sen ningún custo. Contáctar a spanish@democracynow.org. Queremos saber como funciona a túa radio.
Democracy Now!
http://www.democracynow.org
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com
Enviado por:
Mario Palacios Presidente da Confederación Nacional de Comunidades Afectadas por la Minería – CONACAMI - Pouco máis de 9 minutos moi interesantes e de grande valor, paga a pena escoitar
[*] Conferencia Mundial dos Pobos sobre Cambio Climático e Dereitos da Nai Terra - En vivo desde Cochabamba, Bolivia. 19 ao 22 de Abril 2010
http://envivo.cmpcc.org.bo
________________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon