luns, abril 19, 2010

Este Luns 19 de Abril, anuncian a entrada dun novo buque gaseiro, o “LNG Madrid Spirit”: o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta e denuncia

Tags


Un novo buque gaseiro ten previsto a entrada na Ría de Ferrol, este Luns 19 de Abril de 2010, para descargar, en Mugardos, no Peirao de Reganosa os miles de metros cúbicos de GNL-LNG que trae para a Planta de Gas. Xa son 64 os buques que entraron desde Maio de 2007 que o fixera por primeira vez o Galica Spirit.

Para denunciar o perigo que supon a entrada de buques cargados con GNL polo angosto canle de entrada e tamén denunciar a existencia da propia Planta de Gas no corazón da Ría, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova concentración na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 7 da tade.

Características do buque: Nome.- LNG Madrid Spirit - Bandeira.- España - Eslora.- 284.8 m - Manga.- 42.5 m - Calado.- 12.20 m - Capacidade.-138.188 m³ .
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


____________________


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
17 de abril de 2010 22:21
______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon