xoves, abril 01, 2010

Manipulazom TVG Paro e Zapatero: Telexornal mediodía do 31 de Marzo de 2010, programa informativo?

Telexornal mediodía do 31 de Marzo de 2010, programa informativo?

Ademais da manipulación que supón que a TVG non recolla informacións que non proveñan ou favorezan ao actual goberno da Xunta, que oculte aos movimentos sociais e as súas actividades e limite o debate político e económico a un discurso monocorde, agora tamén fai unha utilización perversa das imaxes. Xulgade senón o que significa este "minuto informativo" a respecto da enquisa sobre as preocupacións dos cidadáns e as imaxes asociadas a ela.

As persoas responsables deste informativo, Telexornal Mediodía son:

Carmen Túñez na dirección; Maribel González, Francisco López Iglesias, Rafael Moreira e Ovidio González na edición; José Méndez, Miguel Méndez e Juan A. Pico na realización; Rosario Español, Javier Alvariño e José Manuel Moscoso na produción, e está presentado por Fran López Iglesias, Irene Lourido e Araceli Gonda.

Este equipo verte o seu lixo informativo de luns a venres, ás 14:25hs, unha visión deturpada e malintencionada da nosa realidade.



___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon