O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ante o anuncio de entrada dun novo gaseiro, este Mércores 12 de Maio de 2010, convoca unha CONCENTRACIÓN ás 8 da Tarde, na Praza Amada García, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia.
O buque agardado é o LNG "Catalunya Spirit" que non hai moito tempo que estivo por aquí nunha outra travesía pola canle de entrada na Ría, cargado co GNL-LNG para a ilegal e perigosa Reganosa. O LNG "Catalunya Spirit", vai facer o nº 65 desde que en Maio de 2007 entrara o "Galicia Spirit".

[Saíndo de REGANOSA (Mugardos) o pasado dia 17 de febreiro pola tarde . . . . Autor: Señalero]
Características do buque.-
Denominación: LNG "Catalunya Spirit" - Bandeira: España - Eslora: 264 m - Manga- 42.5 m - Calado: 12m, Capacidade: 138.000 m³
O LNG "Catalunya Spirit", en febreiro do 2008, levando 93.000 toneladas de gas desde Trinidad Tobago a Bostón quedou á deriva por problemas na computadora que xestiona os séus motores, nas costas de Massachussets, frente ao Cabo Cod [+ info]
Aviso: Aplícase desde esta convocatoria horario de verán [8 da Tarde]
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na envida polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de maio de 2010 15:45
________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon