Por segundo ano consecutivo AMARANTE, SINDICATO LABREGO GALEGO, VERDEGAIA, A GRADICELA e ARBORE únense para celebrar o Día Internacional do Comercio Xusto en Vigo que se celebrará co lema “Por un comercio xusto non Norte e no Sur”, o día 8 de maio en 4 cidades de Galicia.
Mercados transparentes de alimentación e roupa ou accións lúdicas sobres as condicións do téxtil serán algunhas das accións que se desenvolverán para achegar a cidadanía galega en Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago ás condicións de vida de moitas persoas do Norte e do Sur.
Esta ano a acción de reivindicación centrarase en analizar e reclamar a responsabilidade das grandes superficies nas condicións de vida de miles de persoas do Norte e no Sur, tanto no sector do campo como no do téxtil e o impacto ambiental que se producen co modelo empresarial destas grandes canles de distribución, que provocan grandes eivas humanas e medioambintais a nivel mundial.
Así no sector do téxtil (Amarante comenta)
Investigacións feitas pola Campaña Roupa Limpa en Asia descubriron como empresas como Carrefour ou Lidl que teñen unha liña ampla de roupa, - sendo Carrefour é o 4º comercializador de roupa de Europa- descubriron graves condicións de explotación nas miles de mulleres nas fábricas que cosen para estas transnacionais. Falamos de 60 a 80 horas semanais, 7 días á semana, 30 días seguidos en picos altos de produción, abusos físicos, verbais e sexuais son algunhas das condicións laborais. Testemuños como este se repetían en fábricas de Bangladesh, India.
“Temos que traballar das 9 da mañá ata a 1 da madrugada. Non podemos elexir traballar sólo de día ou de noite. Esta xornada é así a diario, e iso durante 30 días ó mes” . Testemuño Traballadora dun provedor de Carrefour, na India. (Investigación da Campaña Roupa Limpa Internacional).
No sector da alimentación (Sindicato Labrego galego comenta)
Carrefour, Merdacona, Eroski, e Alcampo controlan máis do 50% do mercado de alimentación. Isto ten como unha das consecuencias a imposición de prezos dos alimentos que mercan ás persoas labregas onde a presión cada vez é máis grande que os prezos que marcan están levando a desaparición das explotacións agrarias por imposiblidade de vivir do que pagan. Isto están provocando unha maior diferencia entre o prezo que se paga ás persoas produtoras e os prezos de venta ás persoas consumidoras, tendo uns grandes beneficios estas grandes multinacionais.
Os mercados transparentes que se farán este sábado se poderán visibilizar estas diferenzas no que se paga ás produtoras co que paga as consumidoras.
A responsabilidade desta situación son as políticas agrarias tanto do Estado español como da UE que permite este tipo de actuacións e de modelo de produción que aumentan os beneficios das grandes corporacions agroalimentarias e de distribución. Dende o Sindicato Labrego Galego demanda un cambio na política agraria que teña en conta as persoas produtoras e da calidade dos produtos por riba dos intereses particulares das empresas.
A nivel ambiental (Verdegaia comenta)
O sistema de produción e consumo baseada nas grandes superficies ten un altísimo impacto ambiental ademais do social. Estes impactos veñen da man dos procesos e sistemas de produción industrial fundamentados nas grandes distancias e na química de síntese para manter a produción. Fabricar uns pantalóns vaqueiros de algodón cultivado cos métodos industriais convencionais precisa 350 gr de produtos tóxicos (asperxido de pesticidas, fertilizantes, etc.) [1] e dende a materia prima ate ter o produto no escaparate do centro comercial pode chegar a percorrer 65.000 km [2].
A situación das grandes superficies nos extraradio das cidades obriga aos consumidores e consumidoras a desprazarse, para o que o conxunto da sociedade realiza enormes investimentos en infraestruturas de transporte, contribuíndo así a agravar o problema do cambio climático. Segundo os datos para Galicia do Inventario de Emisións do Ministerio de Medio Ambiente (MMA), as emisións de gases causantes do cambio climático do transporte por estrada medraron o 81 % entre 1990 –ano base do Protocolo de Quioto- e 2004. Un estudo de Friends of the Earth indica que un supermercado provoca tres veces máis emisións de dióxido de carbono por metro cadrado de superficie de venda que unha tenda de barrio.
A nivel local do tecido económico (conclusións)
No 2006 existían xa no territorio español 359 hipermercados (8.000 m2) e 6.632 supermercados (870 m2) [3].
A apertura dun hipermercado ou centro comercial causa unha media de 276 perdas de postos de traballo e o peche do pequeno comercio nun radio de 12km. No 2007 se pechaban ó día 11 pequenos comercios de alimentación.
A moi citado beneficio económico de ter unha grande superficie na comarca queda desmintido cando se comproba a perda do tecido económico local do pequeno comercio, onde vemos como o que gastan as consumidoras/es nestes comercios o 50% retorna á economìa local, namentras que nas grandes superficies solo chega ó 5%.
Así, dende as demandas dos colectivos solicitamos:
mercados curtos de comercialización, outro modelo de política agraria e comercial que garantan as condicións laborais e de vida e do sustento das persoas traballadoras por riba dos intereses e os beneficios das multinacionais e as consideracións e que se mire polo impacto ambiental deste modelo insostible de comercialización.
[1] Moda sin tóxicos. Greenpeace
[2] El Viaje de un pantalón vaquero. Revista Integral
[3] Datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
PROGRAMA
Xoves día 6 de Maio, ás 20,00 horas, na Galeria Sargadelos, a Directora de AMARANTE Setem e responsable da CRL-Galicia, Fernanda Couñago, presentará a Iniciativa Salarios Dignos en Asia*. Presenta Eva Blanco, coordinadora de Amarante en Pontevedra.
Sábado 8 de Maio, Lugar: PRAZA 8 de MARZO (esquina rúa Peregrina ).Horario: De 11:00-14:00
Actividades:
- MERCADO TRANSPARENTE con produtoras locais e produtos de Comercio Xusto, onde se denunciará a marxe de prezo abusiva coa que quedan os distribuidores comerciais.
- MERCADIÑO DE TROCO con intercambio de produtos de segunda man de Roupa, Xoguetes,etc
- DEGUSTACIÓNS de produtos de Comercio Xusto
- ACTUACIÓN GRUPO MUSICA TRADICIONAL OS CHICHISOS
- ACTIVIDADE TEATRAL
Lugar: R/Saénz Díez.- No entrono do Centro Comercial Ponte Vella.Horario.- De 12 a 14
Realizarase un MERCADO TRANSPARENTE DE ROUPA no que se mostrarán as condicións laborais que sufren as traballadoras do sector têxtil
Lugar: Porta do Camiño, Praza 8 de Marzo (Rúa de San Pedro, no marco da Feira da Primavera). Hora: de 11 ata as 15hs
Actividades:
- MERCADO TRANSPARENTE a cargo de labregas e labregos da comarca (SLG)
- EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN de produtos de Comercio Xusto (Amarante)
- PASARELA-REIVINDICATIVA “A moda que incomoda” ás 13:00hs celebrarase a na que se conta coa colaboración da poetisa e conta contos Iolanda Aldrei.
Lugar.- Mediana de Gran Vía á Altura da Rúa Venezuela. Hora.- De 11 a 14
Actividades:
- MERCADO TRANSPARENTE DE ALIMENTACIÓN coa colaboración de produtoras que vendes directamentae á Cooperativa de Consumo Consciente Árbore
- MERCADO TRANSPARENTE DE ROUPA no que se mostrarán as inxustizas da deslocalización do sector têxtil e poderemos achegarnos á roupa de comervcio xusto
- TEATRALIZACIÓN a través da DANZA da cadea de producción de roupa a as súas consecuencias nas condicións laborais.
Verdegaia
info@verdegaia.org
www.verdegaia.org
Enviado por:
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon