A primeira mobilización é para mañán xoves día 20 de Maio, diante do edificio da Xunta ás 19:00h
Diante do anuncio feito polo presidente do goberno español, Sr. Zapatero, de levar a cabo medidas antisociais e rebaixar nun 5% de media os salarios das empregadas/os públicos, chamamos á mobilización.
Sabemos que son tempos duros e que estamos nunha profunda crise económica, pero así mesmo sabemos que os empregados públicos non somos os culpábeis da crise –senón vítimas tamén dela.
Non se pide o noso sacrificio para pagar pensións, prestacións ou subsidios senón para restaurar o sistema económico ao seu estado anterior a crise, un estado no que uns cantos facían negocios fabulosos e o 50% dos traballadores e traballadoras da Administracións á penas acadaron salarios de mil euros.
Entendemos que estamos diante do anuncio dun axuste duro que vai tomar a forma de reforma laboral antisocial e que fará imposible a negociación colectiva nos diferentes sectores da actividade económica se non é á baixa.
Basta con mirar a quen aplauden as medidas do goberno para coñecer o seu sentido máis profundo. O goberno, con este tipo de políticas difunde a mensaxe de que os empregados públicos somos culpábeis. Non se toca a política fiscal regresiva que se estivo a ordenar durante os anos de ‘bonanza’, increméntase o IVE pero mantense a rebaixa do imposto de sociedades, a supresión do imposto do patrimonio, as axudas e avais á banca, as axudas sen control a empresas privadas… E se alguén di que non se desbotan esas medidas para o futuro inmediatamente se desminte e se da seguridade de que iso non está enriba da mesa.
Recortan os nosos salarios, as pensións, o gasto social en programas como os de dependencia pero non tocan un pelo a aqueles que estiveron na orixe da crise e que agora, despois de asegurarse o respaldo dos cartos públicos para saír de apuros, permítense dar leccións de economía e posibilismo.
Convocamos a todos os traballadores e traballadoras do sector público ás seguintes mobilizacións:
- Día 20 de maio, xoves: concentración diante do edificio da Xunta ás 19:00 horas.
- Concentración diante da Delegación do Goberno (A Coruña) o día que se debata nas Cortes o decreto-lei.
- Día 2 de xuño, concentracións diante de diferentes centros de traballo pública.
Ferrol, 19 de maio de 2010
Enviado por:
Nota.- Os outros sindicatos non convocan en Ferrol, teñen concentracións o 20 de Maio na Delegación do Goberno n'A Coruña e nas Subdelegacións de Lugo, Pontevedra e Ourense. E folga a nivel de Estado en toda a Administración Pública, para o 8 de Xuño.
Segundo nos informa Eva Rodríguez Moreno do Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia.
LEMA CONSENSUADO ENTRE CCOO, CSIF E UGT PARA AS PANCARTAS E AS CONCENTRACIÓNS DO DÍA 20 DE MAIO:
"NON AOS RECORTES SALARIAIS E SOCIAIS MOBILÍZATE"
CONVOCAN: SUP-UFP-CEP-CCOO-CSI-CSIF-UGT-UNIÓNGC
APOIAN: AUGC-AUME
__________
A CIG convoca mobilizacións ademais de en Ferrol, tamén nas outras cidades: A Coruña, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense e Compostela.
Para máis información poden-se consultar directamente as páxinas das diferentes Centrais Sindicais para informar-se das análise e mobilizacións, diante das chamadas medidas de "Axuste" anunciadas polo goberno español. E a reforma do tamén chamado "mercado laboral".
Centrais Sindicais:
______________________
1 comentarios so far
Sigo sen entender de por que non se organizan as mobilizacións con CCOO, UGT, USTG, alguén pensa que a Folga Xeral vai facela a CIG en solitario?
Xosé Miguel López
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon