domingo, maio 23, 2010

Luns 24 de Maio de 2010: "Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme", proxecións de films no Ateneo Ferrolán, organizado pola Marcha Mundial das Mulleres


A Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convídate a reflexionar, a través do visionado da curtametraxe documental “Invisibles” de Wim Wenders e a película “Grbavica, El Secreto de Esma” de Jasmila Zbanic, sobre a situación de violencia sexual que viven as mulleres en  moitas zonas de guerra e conflitos armados, onde o seu corpo é utilizado como arma e botín de guerra.

A proxección será o 24 de Maio ás 19:00hs, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.



Este acto está enmarcado dentro da celebración da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que arrincou o pasado 8 de Marzo e culminará o 17 de Outubro con accións simultáneas en todo o mundo, e unha Mobilización Internacional na República Democrática do Congo, coa que pretendemos denunciar a situación das mulleres na rexión dos Grandes Lagos e outras zonas en guerra e conflito armado, e reivindicar e fortalecer o papel das mulleres na resolución dos conflitos e os procesos de paz.

Mulleres en Marcha até que todas sexamos libres !!

Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
Coordinadora Comarcal de Ferrol Terra

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon