29.05.2010
Porque xa non son tempos para a resignación e a claudicación, diante da sistemática de agresións aos dereitos económicos, sociais, culturais e ambientais das clases traballadoras e da maioría social do país. Porque xa non son tempos de alimentar as fronteiras internas na esquerda, limiares rebentados pola historia e pola dinámica de barbarie que impón o capitalismo da globalización neoliberal. Porque xa non son tempos de ismos sectarios que nos dividen e danlle máis forzas á gorgona capitalista neoliberal, que nos arrebata o porvir e a vida, dereitos, esperanzas e territorio. Derrotemos a letanía egoísta dos indiferentes, dos que somentes son para o seu. Construamos outro tempo coa razón crítica organizada, porque os tempos son chegados, tempos para artellar de maneira colectiva a dignidade de loita social e compromiso de milleiros de homes e mulleres que nas loitas sociais ,na defensa dos dereitos do traballo no sindicalismo de clase, nas barricadas da cultura concebida como ferramenta emancipatoria, producen e alicerzan outro tempo para outro país O pobo de esquerdas, o país invisible porque as súas arelas e intereses non concordan cos dos donos do capital e das palabras, está a esixir, nas loitas cotiás, no seu traballo, nas conversas e nos soños, unha alternativa de esquerdas plural e unitaria que abranga a todas e todos os que temos a olla e a praxe de traballo nunha nación libre, anticapitalista e republicana. Cómpre facerlle caso. Nós imos tentalo, a partires do 5 de xuño, en Compostela, no teatro Principal: xuntármonos para tentar producir outro tempo, outro país.
[*] Yolanda Díaz, [Fene, 1971] Advogada, Concelleira por EU no Concello de Ferrol, Coordenadora Nacional de EU, ...
________________
[Clicar acima da imaxe para ampliar]
PORQUE OS TEMPOS SON CHEGADOS,
SUMEMOS ESFORZOS POLA REFUNDACIÓN DA ESQUERDA
Os tempos son chegados. O pobo quere esquerda.
O Capitalismo non é humanizable. Por iso, os programas políticos de acomodo, de reforma fracasaron. Non, o capitalismo non é humanizable porque o capital non quere esquerda. Non quere obstáculos na súa desenfreada carreira por acumular beneficios.
O Capitalismo non é humanizador: esnaquiza o medioambiente, desfai as relacións sociais, corrompe a actividade política, confronta e mata seres humanos de forma activa, coas guerras de expansión, e de forma pasiva, permitindo que milleiros de persoas morran de fame cada minuto. O capital non quere esquerda. Non é democrático.
Os tempos son chegados. O pobo quere esquerda. O capitalismo logrou que nos atomizáramos; acadou que discutamos entre nós por matices e que nos perderamos nos cruces de camiños para impedir que cheguemos ao punto de encontro e diálogo desexado.
E mentres o facía, de forma calculada, divulgaba desde os seus altares mediáticos que “Non hai alternativa”. Tanto insistiron que domesticaron consciencias, actitudes e hábitos. Negaron a nosa afirmación, a nosa alternativa.
Pero hai alternativa: a esquerda transformadora. Abonda xa de perder o tempo en personalismos ou en protagonismos de portada que a nada nos levan. Temos a obriga de recompoñer as pezas do mosaico ferido.
Refundar a esquerda é iso: unha suma de esforzos. É unha suma para confluír nunha serie de premisas mínimas, pero básicas. Sinxelas, pero transparentes. Para construírmos entre as persoas e organizacións que nos comprometamos os piares da esquerda alternativa, transformadora, anticapitalista que precisa o pobo.
Non será doado, pero é necesario. Temos que sumar o que nos une.
Galicia precísao. Temos que frear a quebra da dignidade humana. Hoxe, todos os eidos esenciais da nosa sociedade están en perigo: a nosa lingua e a nosa cultura; o medio ambiente e a economía; a educación, a sanidade e os servizos públicos ... todo é cobizado polos voracidade do capitalismo para sometelo a unha privatización que impediría para sempre a igualdade de oportunidades. Temos que impedir a legalización da discriminación económica e social.
Necesitámoste a ti, muller, a ti, home, a ti, pobo.
http://refundandoaesquerda.blogspot.com/
_________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon