sábado, xuño 19, 2010

Anuncian a entrada do “LNG Madrid Spirit” : Hoxe nova Concentración Sonora ante o despropósito gasístico de Reganosa

Tags



No caso de entrar, hoxe en mar morta da pleamar diurna [cun resguardo de auga baixo a quilla de ao menos o 12%], sen vento [menos de 40 nós -millas maritimas/hora-] e con visibilidade suficiente [de ao menos 1200 m], polo angosto e sinuoso canle da Ría [de máis de 4 Km de longo e 150 m de ancho navegábel entre bollas], o “LNG Madrid Spirit” fará o número 68 buque gaseiro cargado con GNL/LNG que atracará en Reganosa, para descargar as ducias de miles de metros cúbicos de gas natural licuadao, aumentando exponencialmente o perigo que xa de por si representa a planta de gas de Reganosa, construída contra toda racionalidade no mesmo corazón da nosas Ría, en Punta Promontorio, no Concello de Mugardos. Semellante despropósito, só foi posíbel pola corrupción política e económica que empapou todo o proceso, hoxe aínda pendente de resolucións xudiciais definitivas, mais si con tres sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia -TSXG- a favor da veciñanza e do movimento social e contrarias ao despropósito gasístico promovido polo Grupo Tojeiro, un dos maiores beneficiados de todo isto.





O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como é habitual, sempre que entra un buque gaseiro coa súa perigosa carga, convoca, este Sábado 19 de Xuño de 2010, unha acción de denuncia e protesta que consistira nunha Concentración Sonora ás 8 da Tarde, na Praza Amada García de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Características do buque.
Nome: “LNG Madrid Spirit” - Bandeira: Española - Eslora: 284.80 m - Manga: 42.50 m - Calado: 12.20 m - Puntal: 25.04 - Capacidade: 138.119 m3

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE XA E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada pola enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
18 de junho de 2010 13:50
_______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon