Hoxe, Xoves 17 de Xuño de 2010, Radiofusión remite-nos unha nova de interese surdida en relación co V Congreso de AGAPEMA -Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática- que se vai celebrar en Ferrol os vindeiros 25 e 26 de Xuño.
O maxistrado da Fonsagrada, o xuíz Luís Villares, participará no V Congreso de AGAPEMA, nunha mesa redonda cunha comunicación baixo o título "Podemos dar as clases en galego?". RadioFusión entrevista ao xuíz que entre outras cousas di: "Unha sanción por desobedecer o decreto do ensino poderíase impugnar por ilegal" ... “Non habería dificultade ningunha en que ante unha hipotética sanción derivada desa aplicación do regulamento se puidese impugnar a actuación por ilegal e declarala nula completamente”.
“Dou e darei as miñas clases en galego” dicía o texto do alegato asinado por máis de 4.500 profesores de toda Galicia que foi entregado no Rexistro Xeral da Xunta manifestando o seu compromiso de empregar a lingua galega no exercicio da súa docencia malia o que establecese o decreto do plurilingüismo que preparaba a Xunta. Ese decreto é hoxe unha realidade e nel figura, entre outras cuestións, que a materia de Matemáticas impartirase, por decisión do Goberno, en lingua castelá. ...
Pode-se aceder á noticia completa co audio incluido na web de Radiofusión:
http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=6501
Radiofusiòn é a programación común elaborada polas Emisoras Municipais Galegas desde unha perspectiva local, con vocación pluralista e comprometida con Galiza, ... na nosa Comarca a emisora asociada é Radio Fene que a podes escoitar no 107.7 da FM ou mentras navegas por internet [Radiofusión]
__________________
Enlaces relacionados:
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
Queremos Galego: 4530 profesores e profesoras
Radiofusión
________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon