mércores, xuño 23, 2010

Honduras: un ano de golpe, un ano de resistencia popular: Proxección do documentario “Quen dixo medo. Honduras dun golpe”, este Xoves 24 de Xuño en Ferrol

Xoves 24 de Xuño de 2010, ás 19:30 h, na Galería Sargadelos de Ferrol

Documental sobre Golpe Estado en Honduras
Honduras: un ano de golpe, un ano de resistencia popular

Solidariedade coa Resistencia Hondureña

Quen dixo medo. Honduras dun golpe
Documentario de Katia Lara. Ano 2010. Honduras – Argentina- 110 min.

En Ferrol organiza: A.C. Fuco Buxán – Presenta : Nuria Fdez. Brage (directiva)

A punto de cumprirse un ano do secuestro á institucionalidade democrática e a vontade popular en Honduras, diferentes organizacións sociais galegas poñen en marcha unha.

Semana de Solidariedade coa Resistencia Hondureña.

O obxectivo principal é recordar que a represión e persecución de persoas vinculadas a movementos sociais e que a vulneración de dereitos humanos e civís en Honduras seguen vixentes a día de hoxe, (8 xornalistas asasinados e máis de 700 violacións de dereitos humanos) pese ao aparente verniz democrático que luce o actual goberno de Porfírio Lobo.

Para chamar a atención sobre esa situación de socavamento de dereitos, máis tamén sobre o proceso de mobilización popular fronte ao golpe e aos seus herdeiros políticos, e da súa loita camiño á convocatoria dunha Asemblea Nacional Constituínte que sirva de marco ao proceso de refundación nacional, os colectivos ACSUR- Las Segovias, AMARANTE Setem, CEDEC, Cosal, Coordinadora de Crentes Galegos, Fuco Buxán Asociación Cultural e Whipala organizan diferentes actividades de apoio e solidariedade coa poboación hondureña en resistencia.

Asemade ás proxeccións, os colectivos convocantes teñen previsto enviar unha carta conxunta ao Parlamento galego esixindo o non recoñecemento do goberno de Porfírio Lobo e o restablecemento das relacións de cooperación de forma subordinada á depuración das institucións públicas hondureñas. Entre as demandas tamén está a ratificación do Frente Nacional de Resistencia Popular -que agrupa a diferentes movementos sociais hondureños- como un interlocutor indispensable para o pleno restablecemento da democracia e a reconstrucción institucional do país.

Sobre o documental:

QUIEN DIJO MIEDO” segue ao pobo hondureño en resistencia da man de René, quen se integra no Frente Nacional de Resistencia contra o Golpe de Estado dende o primeiro momento. Así coñeceremos este tramo da historia de un pobo que finalmente esperta e se resiste a continuar sendo o laboratorio de ensaio dos Estados Unidos en contra dos procesos de cambio na América Latina.

Máis información:


Ferrol: Nuria Fernández (Fuco Buxán) 617 295 209


Compostela: Mari Fidalgo (AMARANTE Setem) 881 978 705/ 687 368 314

Coruña: Marta Casal (ACSUR) 655 576 385 ou Alfonso (Coordinadora de Crentes)

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por.
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
23 de junho de 2010 01:11
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon