Non hai moito tempo que descubrimos a opinión do vello xornalista José María Villot e mesmo temos publicado algo en Ártabra 21. Este xornalista escrebe varias veces á semana para os xornais do grupo "Editorial La Capital, S.L.", ao cal pertence o "Diario de Ferrol". Na internet o nome do xornalista ten poucas entradas, este grupo xornalístico non tiña hemeroteca, polo que non gardaba nas publicacións dixitais os artigos de opinión, nen as noticias e reportaxens de interese que ía publicando. O que fixo que os escritos publicados de José María Villot se perderan no éter. Agás algún que temos gardado, nos nosos arquivos, e outros que foron reproducidos noutros sitios na rede, mais sempre poucos.
Desde o pasado 29 de Abril deste ano 2010, o Grupo "La Capital" foi adaptando aos novos tempos as súas web, o que posibilita acceder a unha pequena hemeroteca, mais son centos, os escritos do vello xornalista, que están perdidos para o mundo dixital. Outro asunto que impedía a nosa atención ao escrito por Villot, era que escrebe en castelán, cousa que ao noso entender, feito desde esta Terra, perde certo valor, iso que o propio Villot publicou por varias veces artigos na defenda do Galego. Mais non nos queda máis remedio que recoñecer o valor do publicado por Villot, non só polos temas tan actuais, senón pola capacidade de síntese, a linguaxe directa, o saber expor con palabras e xiros totalmente comprensibeis, en definitiva que paga a pena parar-se a reproducir e difundir a súa opinión, polo que nos permitimos a licenza de traducir os seus escritos e publica-los en Ártabra 21.
Desde o pasado 29 de Abril deste ano 2010, o Grupo "La Capital" foi adaptando aos novos tempos as súas web, o que posibilita acceder a unha pequena hemeroteca, mais son centos, os escritos do vello xornalista, que están perdidos para o mundo dixital. Outro asunto que impedía a nosa atención ao escrito por Villot, era que escrebe en castelán, cousa que ao noso entender, feito desde esta Terra, perde certo valor, iso que o propio Villot publicou por varias veces artigos na defenda do Galego. Mais non nos queda máis remedio que recoñecer o valor do publicado por Villot, non só polos temas tan actuais, senón pola capacidade de síntese, a linguaxe directa, o saber expor con palabras e xiros totalmente comprensibeis, en definitiva que paga a pena parar-se a reproducir e difundir a súa opinión, polo que nos permitimos a licenza de traducir os seus escritos e publica-los en Ártabra 21.
Que veñen, que veñen
Por José María Villot [*]
10.06.2010
E é que o malo non é que teñamos un Goberno desnortado, senón que hai unha oposición, dabondo coñecida, cun norte moi claro e unha meta moi precisa. Hai exemplos...
E é que che dá así como medo, non?
Por unha banda, está o que padecemos e, polo outro, os que se crecen a este padecimiento colectivo, pois chegar a "súa" meta non ten prezo e ¡mire vostede por onde! a dereita fai súa aquela vella frase de "o fin xustifica os medios" e como non fan nada a medias, amplifican a través das súas terminais mediáticas os males que nos esperan "desgraciadamente a recuperación económica non empezará nunca", clama desde o seu púlpito ou columna o orate...
E sen podelo evitar xa anticipan algunhas das fórmulas para que "o réxime de partidos políticos cobre conciencia de servizo á comunidade ...", o que soa a terzo familiar e esas cousas tan orgánicas...
Aí están envolvidos nas súas bandeiras, burlándose do Código Penal... Botan de menos as fanfarrias e desfiles ao redor das súas iconas; apertan filas cos seus, aí están os "choios" en deputacións e consellerías, pois quen reparte leva a mellor parte. E levan parte do todo, como ocorreu en Gondomar. Eses son os parentes de "Gurtel". Non parece que vaian mellorar as novas xeracións...
O século pasado, en tempos de Fraga, a Xunta debía ás caixas de aforros galegas máis de mil cincocentos millóns de euros, e hoxe a cifra case alcanza aos dous mil millóns, sendo esta autonomía unha das máis endebedadas a pesar das reiteradas alusións á austeridade, a contención do gasto, etc.
Aquela operación "estética" dos coches acabou sendo un fracaso, os recortes de salario chocan contra a indecorosa cantidade que cobran os conselleiros da Crtvg e a austeridade chea o peto dos empresarios que van administrar os hospitais e a repartición de subvencións aos concellos, premiando aos propios, pon marco á foto que pode titularse... "ollo, que veñen, que veñen".
Nun momento onde é necesario arrimar o ombreiro, axudar ao ben común deixando aparcado o propio, decidiron esperar sentados para ver pasar o cadáver do inimigo.
O malo é que neste duelo, os cadáveres son os nosos. Os dos cidadáns. O pobo.
Hai pouco menos dun mes escrebía, ou mesmo autor, sobre as medidas acordadas polo goberno de Rodríguez Zapatero deste xeito:
A apertarse o cinto
Por José María Villot [*]
15.05.2010
15.05.2010
O axuste máis duro da historia recente recae, maioritariamente nos cidadáns mais débiles con recortes de salario, pensións e servizos.
Trátase da folla de ruta usada xa pola dereita: diñeiro para os bancos, as financeiras, empresas de automoción e grandes fortunas ás que os populares llo "puxeron máis barato" e os socialistas redondearon as vantaxes rebaixándolles impostos directos, aumentando o seu privilexios como a supresión dos impostos por patrimonio e sucesións.
E agora, ao redor de quince millóns de cidadáns -as vítimas da desvergonzada avaricia dos mercados e a estulticia dos políticos- sufrirán recortes na súa nómina, "xeadas" as pensións, rebaixada o investimento público o que se traduce en menos gastos para estradas, ferrocarril etc ... e outro pau ás axudas para a dependencia ...
En moitos foros de Internet atópanse outras respostas á crise: recuperar o Imposto sobre o Patrimonio, elevar o tipo máximo para o imposto do IRPF que baixaron do 56 ao 43%; establecer un novo tramo para quen superasen rendas de 8.000 euros mensuais; aplicar un 35% ás empresas con base superior aos 1.000 millóns de euros; suprimir parte da axuda á Igrexa e reducir o gasto militar coa retirada de Afganistán. Estas medidas están cuantificadas en máis de cinco mil millóns de euros...
Pero podía ser peor, oia... imaxínense que organiza a economía a nova estrela emerxente, o señor Fernández, que explica nos xornais que o tamaño non importa (presumiu de que a caixa pequena saíu beneficiada, sic.) e deu a súa receita para arranxar o país: rebaixar os soldos aos funcionarios un 20 por cento ante a mala situación da economía española, que non a súa, of course. ...
Boa parte da causa desta pobreza débese aos gobernos conservadores sen sensibilidade social -que agrandaron as diferenzas entre os cidadáns- que só confiaban no mercado para multiplicar as súas ganancias.
Gustounos que cando o presidente pediu un sacrificio aos cidadáns (dispostos a soportar sacrificios a favor dos nosos concidadáns máis necesitados) esixise a súa cota parte aos que máis teñen, os que sempre gañan.
O izquierdazo deixounos cambaleando. Agora falta "o derechazo" do KO.
Publicados no xornal comarcal Diario de Ferrol, baixo a sección "Balcon do Pobo"
[*] José María Villot y Villot, xornalista e escritor, foi Director do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia entre o 1 de xaneiro de 1988 e o 30 de Abril de 1989. Director das Xornadas de Análise con motivo do 50 aniversario da TVE e o 20 aniversario da TVG celebradas n'A Coruña en Outubro de 2006.
______________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon