AO TEMPO QUE CRITICA A XUNTA
O MpDC parabeniza o roteiro de Aranga a prol da memoria histórica
Este sábado, 12 de Xuño de 2010, terá lugar en terras luguesas e coruñesas unha acción nun dos lugares do país onde se calcula que máis represaliados poden estar enterrados en foxas. Será nos arredores de Aranga e está organizado por diversos colectivos entre os que se atopan a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña ou Roxín Roxal, entre outros.
O Movemento polos Dereitos Civís celebra a valentía de organizadores e familias das vítimas que están a dar un enorme paso para a reparación da honra de moitos homes e mulleres asasinados pola ditadura. Desde o colectivo quere facerse público o apoio a esta actividade ao tempo que demanda a Xunta e goberno central que axilicen os trámites para a aplicación sen matices da Lei de Memoria Histórica.
Neste sentido o colectivo critica as últimas actuacións da Xunta, que lembremos recurtou en preto dun 90 por cento a investigación neste eido e que teña deixado de apoiar o proxecto “Nomes e Voces” ou que teña renunciado a seguir sufragando o proceso de exhumación das vítimas ou ten rexeitado participar no proxecto de localización de fosas son algúns dos retrocesos que o país está a vivir desde a entrada do goberno de Feijóo.
Dereitos Civís súmase, pois, a esta homenaxe ás persoas que deron a vida pola democracia e a liberdade e louba a procura de datos que axuden a poñerlle nome a moitas desas persoas asasinadas. Os historiadores cren que pode ser un dos lugares do país onde maior número de vítimas da represión franquista se atopan nun conxunto de foxas comúns.
En movemento
www.movemento.org
Enviado por:
Prensa MpDC
-prensa1@movemento.org-
10 de junho de 2010 13:06
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon