Para o Domingo 25 de Xullo de 2010 ás 8 da Tarde, o Comité Cidadán de Emerxencia convocou unha concentración sonora na Praza Amada García de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. O obxectivo da convocatoria é o de denunciar e protestar pola entrada dun novo buque gaseiro na Ría de Ferrol, coa súa perigosa carga para Reganosa. Unha vez máis, e xa son 70, as veces que entra na Ría de Ferrol un metaneiro con ducias de miles de metros cúbicos de gas natural licuado, poñendo en perigo a seguridade e a vida das miles de persoas que moramos na contorna da Ría, ao aumentar o perigo potencial que xa de por si ten o desproposito gasístico chamado Reganosa.
Características do buque metaneiro:
Nome: Cheik el Mokrani, Bandeira: Bahamas, Eslora: 220 m, Manga: 35 m, Puntal: 22.55 m, Calado: 10 m, Capacidade: 75.500 m3.
Outros asuntos de interese:
ADEGA PRESENTA ALEGACIÓNS AO PROXECTO DE DRAGADO DA RIA DE FERROL
A asociación ecoloxista Adega vén de presentar alegacións ó proxecto de dragado e voadura de fondos mariños na ría de Ferrol, que a Autoridade Portuaria local sacou a exposición pública o mes pasado. A entidade subliña o alto impacto ambiental sobre a biodiversidade da zona e critica que o obxectivo último do proxecto sexa “facilitar a entrada de gaseiros á pranta de Mugardos”.
Os ecoloxistas lembran que a zona de actuación está dentro dun área catalogada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Costa Ártabra, pertencente á rede Natura. Trátase dun espazo, subliñan, no que existen “hábitats prioritarios dun grande valor ecolóxico cunha alta biodiversidade”. Como exemplo, sinalan que dúas das agullas de rocha que a Autoridade Portuaria quere facer de–saparecer teñen 65 e 83 especies mariñas diferentes cada unha delas.
Ler a información completa en Diario de Ferrol:
http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/4671-b-noticia
Álbum fotográfico da 4ª Marcha a pé Ferrol-Mugardos, celebrada onte, coincidindo co 3º Aniversario do peche da veciñanza de Mehá, no Concello de Mugardos:
http://picasaweb.google.es/reganosa.ferrol/IVMarchaFerrolMugardos#
Reseñas da Marcha na prensa local: Diario de Ferrol e La Voz de Galicia
Lembrar
Domingo 25 de xullo: Praza Amada García - Ferrol, 20 h. CONCENTRACIÓN pola entrada do gaseiro nº 70.--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
24 de julho de 2010 01:29
24 de julho de 2010 13:59
_______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon