xoves, xullo 29, 2010

Os Montes do Cha de Brión ao Pleno: A veciñanza pide a súa devolución e o recoñecemento do carácter mancomunal dos mesmos

"Entidades de Brión e Doniños reclaman os Montes do Cha como mancomunales


Un grupo formado por seis asociacións de Brión e Doniños -Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Minerva de Doniños, Xunta Veciñal de Doniños, a AVV Castelao de Brión, AVV de Prioriño, a Asociación Parroquial San Román de Doniños e AVV O Cruceiro de Balón- reclaman que os Montes do Cha retomen aos veciños. As entidades fixeron público un escrito no que piden ao Concello de Ferrol que recoñeza o carácter de monte mancomunal a esta extensión de terreo, dunhas 230 hectáreas, despois de que no mandato pasado tomásese a decisión de solicitar á Xunta a retirada desta condición. O goberno local de entón, PP e IF, impulsara esta petición porque expuña estes terreos como a localización idónea para a futura plataforma loxística de apoio ao porto exterior.

Os grupos BNG e EU fixeron súa esta demanda veciñal e presentaron unha moción conxunta para o seu debate no pleno de fin de mes que terá lugar a próxima semana para que se devolvan os montes aos veciños". Venres, 23 de Xullo de 2010 00:00 Redación do DIARIO DE FERROL



HISTORIA A GRANDES LIÑAS DO PROBLEMA DOS MONTES DO “CHA”
(MONTES DE BRIÓN)

O problema do “Cha” (Montes de Brión), iniciouse na dictadura, cando o Concello se decatou de que nas parroquias de Brión, Doniños, San Xurxo e Covas do concello de Serantes anexionado a forza a Ferrol no ano 39, había montes que non tiñan dono, que dende tempo inmemorial eran utilizados libremente polos veciños para alindar o gando e coller estrume, e dicidiu consorcialos co Patrimonio Forestal do Estado para repoboalos de pinos.

Cando polo ano 1964 os veciños de Bríón e Doniños, moi especialmente os dos lugares de Martín e Liñares, que vivían exclusivamente das vacas e ovellas que mantiñan no monte, viron os do Patrimonio Forestal facer o deslinde e cercando os montes, ameazáronos e votáronos de alí, pero volveron días despois coa garda civil da Graña e entón quen correron foron os veciños, pasando algúns polo cuartel para ser convencidos cos métodos que entón utilizaba a benemérita,

O consorcio ainda que se fixo sin contar para nada cos veciños, dicía que se lles entregaría o que dera o monte despois de descontar os gastos, pero a realidade foi que nunca recibiron nada, so poideron utilizar o monte furtivamente e moitas veces pagaron multas cando os pillaba a agarda forestal.

O Patrimonio Forestal fixo plantacións que non prosperaron porque o monte ardía tódolos anos, despois deixou de plantar pero sigueu impedíndolle os veciños utilizalo.

No ano 1999, o gobernó BNG-PSOE a petición dos veciños, e por unanimidad de todolos partidos, iniciou trámites para poñer as cousas no seu sitio, pero o gañar as eleicións o PP-IF, que precisamente eran os que mais esixían a devolución (ver V.G. 3/10/2001), cambiaron de opinión e dicidiron quedarse con montes pola cara, para facer alí a plataforma industrial sin ter que pagar nada polos terreos

Con ese fin, o Concello iniciou os trámites para quitarlle o monte a condición de comunal dos veciños, rexistralo o seu nome e cambiarlle a calificación urbanística.

Ante este expolio devergoñado, as AAVV. das parroquias de Brión e Doniños, vendo que o concello pretendía quedarse co monte para facer negocio achaiando os dereitos dos veciños, decidiron intervir e baseándose na Lei de Montes, pola cal os de San Xurso e Covas xa habían recuperado os seus, recorriron o Xurado Provincial de Montes para que tamen clasificara o de Brión como monte en man común dos veciños de Brión e Doniños.

Dende o ano 2005 o expediente está ainda sen resolver no Xurado Provincial de Montes, pensamos que por presións dos políticos, pero o concello de entón (PP-IF) opúxose a devolución, alegando que os veciños o habían abandonado e que, polo contrario, o que pretendían facer coa plataforma era darlle utilidade convertíndoo en solo industrial.

Dende que goberna o PSOE vimos pedindo que o concello pleno tome a decisión política de recoñecer que o monte é comunal dos veciños dende tempo inmemorial e, en consecuencia, inste o Xurado Provincial a clasificalo como monte en Man Común dos veciños de Brión e Doniños, e retire as alegacións feitas en contra polo gobernó anterior do PP-IF

Ata agora o grupo atual do Psoe, sen definirse en ningún sentido, veu dando largas o asunto, decindo que o tiña que estudiar ou con disculpas que non teñen o mais mínimo sentido, pero coa moción presentada por EU-BNG, a favor do recoñecemento, que se tratará no pleno do próximo 29 de Xulio, todo o mundo vai ter que definirse e se verá quen son os partidarios de santificar o abominable atropello feito polo concello da dictadura.

O Pleno onde se vai tratar o asunto vai ter lugar o Xoves 29 de Xullo, que comezará sobre as 10 da mañá e o tema dos montes tratarase sobre as 11.

Saúdos.

Antonio Mesejo

Achego uns documentos sobre o inicio do problema e un recorte do da prensa sobre o que decían os políticos no 2001.

[Clicar na imaxe para ampliar - Acordo en Consorcio 1960]

[Clicar acima da imaxe para ampliar - Expediente de deslinde 1964]


[Clicar acima da imaxe para ampliar - Recorte de prensa do 2001]

Enviado por:
antonio Mesejo Cerdido
-tonomesejo@hotmail.com-
27 de julho de 2010 13:36
____________________________

Vídeo dos Montes do Cha e da Lagoa de Brión - Ferrol:



Voar por acima dos Montes de Cha co Google Maps:


Exibir mapa ampliado


http://maps.google.com/
___________________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon