venres, setembro 10, 2010

Contra unha nova ampliación do porto carboeiro no Fernández Ladreda

Tags


O BNG manifesta a súa oposición à unha nova ampliación do porto carboeiro no Fernández Ladreda
Pita considera que, co porto exterior en funcionamento, esta instalación carece de sentido e habería que tender a súa retirada

O grupo municipal do BNG manifestou hoxe a súa oposición a ampliación do porto carboeiro do peirao Fernández Ladreda, contemplada no Plan de Inversións da Autoridade Portuaria, xa que significaría consolidar definitivamente esta instalación e suporía unha nova agresión a nosa ría con forma dun novo recheo.

O portavoz municipal do BNG, Xoán Xosé Pita, considera que coa entrada en funcionamento do porto exterior a descarga de mineral deberíase facer nas dársenas desa instalación con o cal o obxectivo con o que se creou o peirao “Fernández Ladreda” deixaría de existir, e habería que tender a retirada definitiva desta instalación coa finalidade de que a enseada da Malata recupere a súa orixinal fisionomía.

O BNG lembra que a construción deste porto carboeiro dentro da ría de Ferrol, supuxo unha grande ocupación de superficie da mesma, cunha superficie de recheo moi importante, afectando de forma determinante à zona da Malata. Así mesmo, supuxo a desaparición dun dos mellores bancos marisqueiros da Ría. As correntes deste estuario da Malata, se viron modificadas pola execución deste porto, sendo un problema a acumulación de fangos en certas áreas do esteiro e a súa consecuencia son os malos olores e dun alto grao de contaminación nesa zona

Para o portavoz nacionalista en vez de apostar por novos recheos, innecesarios coas actuais infraestruturas portuarias infrautilizadas, cumpre devolver á ría e à cidadanía ese espazo de dominio público marítimo-terrestre que foi ocupado no seu momento e que de novo sirva como medio de produción marisqueira, e un espazo de lecer para a cidadanía.

Ferrol, 9 de setembro, de 2010.

Bloque Nacionalista Galego - Ferrol

Enviado por:
Correo electronico BNG
-bng@ferrol.es-
9 de setembro de 2010 13:55
_____________________________


Enlace relacionado:

Ártabra 21: Solictude ao Concello de Ferrol do levantamento do Porto Carboeiro do interior da Ría e rexeneración da mesma
______________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon