mércores, setembro 22, 2010

Zapatero como problema

Por Juan Torres López [*]

22.09.2010

José Luís Rodríguez Zapatero vai pasar á historia como o presidente ao que lle dá igual 8 que 80 ou o que "Se sae con barbas, San Antón, e se non, a Purísima Concepción". Enche-se-lle a boca falando de dereitos e logo leva a cabo o recorte social máis brutal da historia da democracia. Di defender a socialdemocracia e o benestar pero nos últimos meses fixo súas as propostas neoliberais máis duras dos últimos decenios dicindo que así defende aos traballadores: privatizou e bancarizou as caixas de aforros para satisfacer aos banqueiros, tomaron decisións fiscais reaccionarias que custaron un dineral ás arcas do estado, facilitou a evasión fiscal dos ricos, dos bancos e as grandes empresas mentres que se nega a pór en marcha plans efectivos de loita contra a fraude fiscal, recortou gastos alí onde máis o sofren as clases traballadoras, anunciou recortes nas pensións recorrendo aos mentireiros argumentos que vén utilizando a banca para poder quedar co aforro dos traballadores, fixo unha reforma laboral que é a que máis dereitos laborais limita en toda a historia da democracia, regalou-lle un pastel publicitario de ducias de miles de millóns de euros ás televisións privadas. Fala moito de igualdade pero non cumpre nin as leis de igualdade que el mesmo levou ao Parlamento, por exemplo, non elaborando a análise do impacto de xénero das medidas que toma contra a crise; "presume" das súas leis sociais, como as de dependencia, pero non toma medidas fiscais adecuadas para financia-las; e o seu mandato vai terminar cun incremento impresionante da desigualdade de xénero porque a súa loita contra a crise, por dici-lo dalgún xeito, comporta un sesgo masculino moi negativo para as mulleres. Aínda por riba, o gran defensor da alianza de civilizacións apoiou as medidas xenófobas do presidente francés contra os xitanos, ademais de atacar en plan machista á comisaria de xustiza europa que tivo agallas de dicir-lle as cousas claras a Sarkozy ... E todo iso, sen mencionar os continuos cambios de opinión do seu goberno, as rectificacións en cuestións importantes, as cesións ante as presións dos poderosos, as declaracións contradicotias, as chapuzas de decretos improvisados en 28 horas ou de medidas costosísimas que até descoñecen os ministros correspondentes ... Por iso digo que lle dá igual 8 que 80.

Agora vai ás Nacións Unidas e defende o que en España nega. Refírome a que acaba de defender na Asemblea da ONU a imposición dunha taxa sobre as transaccións financeiras internacionais, a coñecida como Taxa Tobin. Eu alégro-me que o fixera e aplaudiriía-o, máis é que o feitos pon demasiado en evidencia que se trata dunha proposta máis falsa que un euro de folladelata pola sinxela razón de que fai moi poucos meses o seu grupo parlamentario rexeitou-na aquí en España e porque se negou a mante-la cando exercía como presidente da Unión Europea. Zapatero non só opúxo-se a esa medida cando a propuxeron outros grupos parlamentarios de esquerda senón, o que é peor, mantivo nun caixón a mesma proposta que facían algúns parlamentarios do seu propio partido.

Póde-se gobernar ben ou mal, a favor duns ou doutros pero o malo de Zapatero é que ademais de terminar de face-lo para os ricos vai pasar á historia como o presidente ao que lle dá igual dicir hoxe unha cousa e mañá outra distinta afirmando ao mesmo tempo que segue pensando o mesmo que cando facía o contrario.

E o incrible é que o partido socialista non reaccione cando é tan evidente que Zapatero e a súa completa carencia de proxecto político convertéron-se na causa directa do crecente desafecto da xente cara ao seu propio partido. Os seus militantes e dirixentes limítan-se a chorar e imprecar polas esquinas sen facer nada, mascullando o seu desacordo en silencio ou en voz tan baixa que só se oe nos corros de amigos. Ao parecer, porque o propio Zapatero impón o seu poder inmenso e a lei do silencio que obriga á afiliación, segundo di Joaquín Leguina,  a estar quedos mirando o mar. Iso saberán o que fan pero se trata dunha situación moi desgraciada porque as traballadoras e traballadores españois necesitan un partido socialista forte e comprometido co seu auténtico ideario e non cos intereses dos poderosos. Ao paso que se vai, Zapateto vai provocar o maior mancar electoral da historia do PSOE e non parece que dentro do seu partido haxa reaccións para evita-lo, nin sequera dos miles de socialistas auténticos, comprometidos co benestar e o cambio social.

juantorreslopez.com


[*] Juan Torres López, Granada -1954-, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web (Ganas de Escribir: www.juantorreslopez.com) e coordena a páxina web dedicada a información económica www.altereconomia.org

Enviado por:
Ganas de Escribir
-juantorres@uma.es-
22 de setembro de 2010 14:02
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon