Homenaxe aos represaliados da ditadura en Cedeira
Homenaxe aos represaliados en CedeiraOrganizado polas asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, coa colaboración do Concello de Cedeira e do Principado de Asturias.
Venres 29 de Outubro, ás 20.00 horas na Casa de Cultura de Cedeira Conferencia coloquio sobre o Campo de Concentración de Cedeira e a Fosa de Vilarrube, a cargo de Enrique Barrera Beitia.
Sábado 30 de Outubro ás 12.00 horas, no Paseo Marítimo de Cedeira, no lugar onde estaba instalado o campo de concentración (a Revolta), procederase á inauguración dun monolito cunha placa. Esperamos a chegada de familiares de presos do campo, especialmente desde Asturias.
Posteriormente – debido a que se prevé mal tempo- trasladarémonos á Casa de Cultura de Cedeira, onde intervirán:
- Presidente da Asociación Fuco Buxán.
- Presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática.
- Representante dos presos (Octavio Cabezas Moro).
- Alcalde de Cedeira (José Luís Vergara)
- Presidente do Principado de Asturias (Vicente Álvarez Areces).
Este día 30, se hai suficiente xente, fletaríase un bus desde Ferrol.
(Reservas ao teléfono: 660.571.291 – Enrique Barrera).
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
Enviado por:
Fuco Buxán
-fucobuxan@yahoo.es-
25 de outubro de 2010 14:45
__________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon