Proxecto Rios en Ferrol Terra
Na Comarca foi a organización ecoloxista ADEGA a encarregada da coordenación das tarefas de limpeza de rios baixo o lema "Ponte as Botas" para participar nas III Xornadas de Limpeza de Ríos 2010 que se celebran simultaneamente en toda Galiza."Un dos problemas máis graves que sofren os nosos ríos segue a ser a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. A pesares de levar dúas campañas, seguen aparecendo moreas de plásticos e entullos, elementos xa case habituais. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar da necesidade de manter limpos os nosos ríos e promover actitudes responsábeis cara a conservación do medio. O coidado e o respecto pola contorna farían innecesarias nun futuro actividades como esta, de aí que depende de tod@s frear a contaminación que están a sufrir os ríos".
Na nosa Comarca celebrou-se en colaboración con diferentes concellos e outras entidades sociais. Estaba prevista unha dupla xornada o Sábado e Domingo, 2 e 3 de Outubro, máis por mor do temporal que azouta esta zona da Galiza en todo o noroeste Ártabro, quedaron adiadas as labores de limpeza do Domingo.
En Neda, procedeu-se a limpeza dun tramo do Río Belelle. Coa Asociación Néboa.
En Ferrol e Narón, as tarefas de limpeza desenvolveron-se no Río Inxerto que nun dos tramos fai de linde entre os dous concellos. Perante as labouras de limpeza puido-se comprobar o importante impacto e degradación que está a sufrir a zona en relación coas obras que se están a facer na contorna, con importante impacto no río, tala de árbores, ...
Enlace co carrusel de diapositivos da situación dun dos tramos do Río Inxerto -02.10.2010, enviado por Adega-Trasancos.
En Fene, o río a limpar foi o Baa. Con AETNA (Asociación Etnográfica da Natureza)-Amigos rio Baa.
En San Sadurniño, foi a limpeza do Río Pequeno na parroquia de Ferreira. Coa veciñanza da zona.
"O Proxecto Ríos aposta por concienciar á sociedade sobre a necesidade de manter limpos os ríos, como premisa para a conservación da súa saúde".
Contactos: Antonio García Jiménez e Nês Lópes -Secretario Adega-Ferrol- 649779774
Información adicional e complementaria: Ponte as botas: III xornada de limpeza simultánea de ríos
O Proxecto Ríos entregará aos participantes un Protocolo_PR (600 Kb) para a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais.
Documento en formato -pdf (600 Kb): Acceder ou Baixar
Web do Proxecto Ríos:
http://www.proxectorios.org/index.php
Web de ADEGA:
http://adega.info/info/090121joomla/index.php
Información baseada na enviada por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
3 de outubro de 2010 14:34
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon