luns, novembro 22, 2010

25 de Novembro "Dia Internacional contra a violencia machista: A Marcha Mundial das Mulleres convoca actos en diferentes comarcas da Galiza, na Comarca de Ferrol Terra o acto será en Narón

A Coordenadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convídate o próximo día:

25 DE NOVEMBRO día internacional contra a violencia machista.

Á concentración (ben diferente) que terá lugar na: Praza de Galicia, en Narón, ás 20:00 horas

Para que digas con nós que:


RECORTAR

RECURSOS

É ATENTAR

CONTRA A
IGUALDADE

Agardamos a túa asistencia, porque é un día para que todas e todos berremos ao unísono: Non máis violencia machista !!

Manifesto:





Marcha Mundial das Mulleres
Coordinadora Comarcal de Ferrolterra
Teléfono de contacto:
Coord. Ferrol: 696732735
http://www.feminismo.info


Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

Enviado por:
Lupe Ces Rioboo
-lupeces@gmail.com-
18 de novembro de 2010 09:19
http://lupeces.blogspot.com/
_________________________

3 comentarios

cig-informa@galizacig.com delete novembro 23, 2010 1:05 p.m.

Warning!! SPAM has been detected!

Cambio no Acto que ía realizar a Secretaría da Muller da Cig en Ferrol

Concentración, hoxe 25 de Novembro,ás 12:30 hs, diante do Edificio da Xunta en Ferrol

Diante dos recentes acontecemento que tiveron lugar no Complexo Hopitalario "Arquitecto Marcide", a concentración nese lugar podería levar a equivocos que se queren evitar. É por iso que a Secretaría da Muller da CIG, convocou o acto deste 25N, diante do Edificio da Xunta co que queren manifestar o seu rexeitamento ás políticas involucionistas e regresivas da Xunta de Galicia, en materia de igualdade, reflectidas, estas políticas, nos orzamentos para 2011 e onde se recortan as políticas sociais.

Desde á 11:30 horas saírá desde a Fonte da Ranita, no Porto de Ferrol, a ruta Ferrol en Feminino co lema "A creatividade fronte á violencia de xénero". Realizaranse unha serie de paradas na que se representará simbolicamente mediante teatro, pintura, danza, ... unha expresión artística contra da violencia machista.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon

:)
:(
hihi
:-)
:D
=D
:-d
;(
;-(
@-)
:o
:>)
(o)
:p
:-?
(p)
:-s
8-)
:-t
:-b
b-(
(y)
x-)
(h)