luns, novembro 22, 2010

A manifestación en defensa da sanidade pública que se celebrou este Domingo, 21 de Novembro, en Compostela, foi todo un suceso, miles de persoas berraron contra a privatización promovida polo Goberno Feijóo


S.O.S. Sanidade Pública, Contra a privatización e na defensa e mellora da Sanidade Pública

Sanidade Pública de Calidade, Agora e Sempre !!


Da web da Plataforma SOS Sanidade Pública:

"Para defender á Sanidade Pública, ducias de milleiros de persoas percorreron as rúas de Compostela este domingo. Esta enorme mobilización social é unha resposta contundente ás políticas privatizadoras postas en marcha polo Partido Popular desde a súa chegada ao goberno.

A Plataforma S.O.S. Sanidade Pública amosa o seu agradecemento a toda a cidadanía que, desafiando o tempo, acudiu ás rúas de Compostela para dar unha clara resposta ao grito de socorro da Sanidade Pública.


Esta mobilización foi posible polo compromiso e traballo das Plataformas de tódalas comarcas e as asociacións e organizacións que as forman, das organizacións veciñais, dos partidos políticos e sindicatos e das personalidades do mundo da cultura que apoian S.O.S. Sanidade Pública.

A resposta a ese S.O.S. ten que ser escoitada polo goberno da Xunta, de non ser así pode ter por seguro que este é so un paso máis na defensa da sanidade Pública, e que daremos tódolos necesarios para deixarlles as nosas fillas e fillos unha mellor sanidade da que nos atopamos, cen por cen pública, gratuíta e de calidade, e á que teñan aceso en igualdade de condicións o cen por cen da cidadanía".

Interesantes galerías de fotos de Susete'70:


[Máis Información]


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon