luns, decembro 13, 2010

5º Aniversario da constitución da asociación "Lefre de Caldereta" - Sábado 18 de Decembro de 2010


5º ANIVERSARIO Asociación Cultural LEFRE de CALDERETA

O sábado día 18 de decembro celebraremos o noso 5º aniversario coa cea das caldeiretas e o cocido galego dos lefres. Será ás 21.30 horas, no Restaurante Illas Gabeiras, en Serantellos, nº 38 de Ferrol. O prezo do menú por persoa é de 25 €.

Durante a cea entregaranse as caldeiretas 2010 e contaremos cun condutor de luxo: Xoán Barro, recoñecido xornalista ferrolterrán e presentador de TVE.

Estes son os galardoados:

CALDERETA de HONRA 2010

Para Germán Castro Tomé, “Man”, pola súa longa e magnífica carreira coma xornalista e polo seu compromiso persoal coa cultura de base, co movemento veciñal e co movemento sindical.

Germán Castro foi fundador e director de Diario de Ferrol, presidente do Club de Prensa e promotor e director fundador da revista Ferrol Análisis.

CALDERETA do ANO 2010

Para o proxecto "Ferrol en Feminino. As Rutas turísticas das Mulleres", que desde a Concellería da Muller do Concello de Ferrol levaron adiante: Rosa Millán García, coordinadora; Carmen Pérez González, historiadora; Noemí Rodríguez Hernández, técnica de turismo; Maribel Pérez Ardao, educadora social e Carmen González Pita, administrativa.

Queremos destacar que este proxecto comezou no ano 2008 con Sari Alabau como concelleira de Muller, continuouno Beatriz Sestayo e agora segue apoiando o proxecto María López.

Neste ano 2010 o proxecto “Ferrol en Feminino. As Rutas turísticas das Mulleres” adquiriu pública notoriedade coa participación da xente percorrendo a nosa cidade e coa súa difusión na oferta turística de Ferrol. Valoramos a súa importancia nos distintos eidos nos que incide: na muller, na historia, na cultura e no turismo.

Agardamos e desexamos que este proxecto siga a medrar e remate sendo unha das vías principais para dar a coñecer Ferrol e as súas mulleres polo mundo adiante.

APUNTARSE Á CEA

Queremos que esta homenaxe ás calderetas e ao caldereta deste ano sexa o máis numeroso posible, por iso convidámosvos a asistir á cea ben comprando a tarxeta do evento ou informándonos.

RESERVAS.- Móbil 609.933.098 ou e-mail: lefredecaldereta@gmail.com

Nota.- As reservas faranse ata o mércores día 15 de decembro

UN POUCO DE HISTORIA ...

A Asociación Cultural LEFRE de CALDERETA nace na nosa cidade un 28 de decembro do ano 2005 por un grupo de persoas pertencentes a diversos ámbitos profesionais.

É unha asociación cultural de ámbito autonómico, sen ánimo de lucro que se constitúe co obxecto de apoiar e desenvolver todo tipo de actividades culturais en todo tipo de formatos.

Desde o primeiro ano decidimos facer unha cea de aniversario con todos os nosos socios e socias, amigas e amigos, e sempre coa mesma dieta: o cocido galego dos lefres. E tamén creamos dous premios anuais, que entregamos na cea das calderetas: unha caldereta, o símbolo da nosa asociación.

Entregamos dúas:

1.- CALDERETA de HONRA, a toda unha traxectoria profesional e persoal.

2.- CALDERETA do ANO, a aquelas persoas, entidades, eventos, etcétera que consideremos coma o máis destacado dese ano en Ferrol e na súa comarca.

Ata agora levamos entregadas as seguintes calderetas:

  • Lefre de Caldereta de Honra 2006 ao artista ferrolán Siro López.
  • Lefre de Caldereta do Ano 2006 ao triatleta ferrolán Javier Gómez Noya.
  • Lefre de Caldereta de Honra 2007 ao grupo ferrolterrán Os Cempés.
  • Lefre de Caldereta do Ano 2007 ao VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (Sección de Vela Tradicional – Club do Mar de Ferrol).
  • Lefre de Caldereta de Honra 2008 á Sociedade Galega de Historia Natural.
  • Lefre de Caldereta do Ano 2008 ao Proxecto “Esmelle” da A.V.V.” Val de Esmelle”.
  • Lefre de Caldereta de Honra 2009 ao Ateneo Ferrolán.
  • Lefre de Caldereta do Ano 2009 á escritora Rosa Aneiros.

--
Manuel Alonso Varela
Presidente
Asoc. C. Lefre de Caldereta
Móvil 609. 933.098
lefredecaldereta@gmail.com
Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol
CIF:-G-70027909
lefre@lefredecaldereta.com
lefredecaldereta.com

Enviado por:
Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
9 de dezembro de 2010 12:51
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon