Este Venres, 17 de Decembro de 2010, de 6 a 9 da Tarde, na Sala de Actividades do Centro Cultural Carvalho Calero, na Praza do Inferniño de Ferrol, terá lugar o 5º dos Foros Cívicos recollidos no Regulamento de Participación Cidadá
A democracia participativa, as políticas de xuventude, a posta en valor do patrimonio e o medio ambiente ou as novas tecnoloxías foron até o de agora algunhas das temáticas que se abordarón. Os foros son instrumentos de reflexión e participación aprobados ao abeiro do proceso de Orzamentos Participativos de 2009, proceso pioneiro na Galiza. Acordou-se a súa realización na Asemblea Cidadá para os Orzamentos Participativos de 2009, deseñando-se en conxunto polos dous grupos de traballo dos Orzamentos Participativos e do Regulamento de Participación Cidadá. Ditos foros cívicos están contemplados no Regulamento de Participación, no que se recolle a súa función.
Permiten a participación cidadá en cuestións que afectan a máis dunha área ou sector de actividade municipal. Son, polo tanto, órganos de carácter transversal ou interdepartamental que teñen entre os seus cometidos promover a colaboración entre asociacións, persoas expertas e vinculadas ás temáticas que se aborden nos foros.
Outra das súas funcións é canalizar a participación directa na xestión municipal dos asuntos que afecten a máis dunha área orgánica da actividade municipal, das persoas e das entidades afectadas ou interesadas, establecendo os mecanismos necesarios de información, estímulo e seguimento das actividades municipais. Tamén participar na toma de decisións sobre as medidas a adoptar polo Concello na temática do foro escoitando e debatindo as demandas cidadás e elaborando propostas en forma de dictames e informes. Finalmente, controlarán a execución, por parte do Concello, das actuacións que tivese aprobado a partires dos informes emitidos polo foron.
Xa se realizaron no pasado mes de Novembro os de:
Participa !!
Coordena os Foros:
Jorge Fente Balsa
Móbil: (34) 627-570943
Tfno.: (34) 981-589269
jorge.fente@cidadania.coop
____________________________

- Democracia participativa. Promoción da participación cidadá no tecido social e administrativo. Corresponsabilidade.
- As políticas de xuventude e a participación cidadá.
- Posta en valor do patrimonio e o medio ambiente.
- Novas tecnoloxías, aforro enerxético e enerxías alternativas.
Participa !!
Jorge Fente Balsa
Móbil: (34) 627-570943
Tfno.: (34) 981-589269
jorge.fente@cidadania.coop
____________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon