xoves, decembro 02, 2010

O "LNG Rivers" ten pensado arribar a Ferrol, este Venres 3 de Decembro, con miles de toneladas de GNL para Reganosa - O Comité Cidadán, diante deste feito, convoca unha nova acción de denuncia e protesta

Tags

O Comité Cidadán de Emerxencia, decideu convocar unha nova concentración sonora, para este Venres 3 de Decembro de 2010, ás 7 da tarde na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, ante o anuncio de que o "LNG Rivers" ten pensado arribar a Ferrol, cargado con miles de toneladas de gas natural licuado -LNG/GNL, para a perigosa e ilegal Reganosa.

No caso de producir-se a entrada na Ría do "LNG Rivers", este faria o buque 79 cargado con GNL, desde que en Maio de 2007, entrara por primeira vez o "Galicia Spirit".

O "LNG Rivers" arriba a Ferrol, desviado polo Xestor Técnico do Sistema, pois no caso de non face-lo, segundo manifesta o propio Xestor, "conduciría a unha parada inevitábel da emisión da planta de REGANOSA por esgotamento das existencias de GNL en tanques".

O Xestor Técnico do Sistema Gasístico, foi o que acordou  desviar, a Reganosa, ao "LNG Rivers" que inicialmente se dirixía á planta regasificadora de Bilbao, a petición da propia dirección da empresa regasificadora de Mugardos.

Supostamente, por mor das condicións climatolóxicas o consumo enerxético superou as previsións, e a Reganosa falta-lle gas, o que poñería en perigo o sistema obrigando-lle ao peche temporal, no caso de non conseguir un suministro urxente. Este é o motivo que obrigou a esta maniobra de última hora, dado que Reganosa corre o perigo de esgotar as reservas mínimas obligatorias de seguridade -gas talón-, o que podería acontecer, dado que o gaseiro programado para Reganosa con entrada o 1 de Decembro, retrasou-se, e non entraría até o 7 de Decembro ou mesmo o 11 do mesmo mes se seguen empeorando as condicións metereolóxicas. E a frecuencia de abortamentos de entrada na Ría deste tipo de buques é de 1 por cada 4, condicionados pola inapropiada localización da Planta de Gas e polas malas condicións metereolóxicas reinantes perante moitos días do ano, abortos nos que este buque que ten prevista a súa entrada agora, é un verdadeiro veterano.

[Máis información]

[O "LNG Rivers" con dificultades para manter a maniobra
-2 de Xullo de 2008-
Para ampliar clicar acima da imaxe
]

Este mesmo buque, o "LNG Rivers", tivera un incidente de moita importancia o 2 de xullo de 2008, pasadas ás 4 da tarde o buque, de 288 metros de eslora cargado con 135.000 m3 de gas natural, tivo graves problemas, por mor das malas condicións metereolóxicas, para entrar na Ría de Ferrol,  [+ info].

Máis unha vez, denunciamos a irresponsabilidade que significa a entrada dun buque destas características, cargado con miles de toneladas de GNL, para descargar no pantalán de Reganosa, por máis de 24 horas, poñendo en perigo a miles de persoas que moramos na contorna da Ría de Ferrol.

Non deixaremos de protestar e denunciar o despropósito gasístico que representa Reganosa, metres esta planta regasificadora, encostada ao complexo petro-químico conformado por Forestal del Atántico, SA e IMEGASA, complexo que almacena miles de toneladas [280.000 m3] de productos moi tóxicos [residuos MARPOL, fueloleos, colas de Urea-Formol, Melamina-Urea-Formol, Melamina-Formol, Fenol-Formol, Resorcina-Formol e disolucións acuosas de formol] e explota unha central que queima fueloleos, de coxeneración de electricidade -25 Mw- e vapor de auga, sega sen ser desmantelada.

Características do buque:
Nome:  LNG Rivers - Bandeira: Bermudas - Eslora: 288 m - Manga: 48.2 m - Calado: 12.30 m - Puntal: 62.75 m - Capacidade: 137.231 m³.

Nota oficial do Xestor do Sistema Gasista:

[Clicar acima da nota para ampliar]
--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
2 de dezembro de 2010 13:37
____________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon